try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Novas

Novas relacionada co ensino

UNIferia 2022

IV edición de UNIferia Grados, a feira virtual dos estudos universitarios de grao nas universidades españolas.

UNIferia conta coa presenza de 45 universidades cunha oferta ampla e multidisciplinar de graos e dobres titulacións universitarias.

Os días 26 e 27 de abril poderase visitar a feira conectándose dende o móbil ou calquera outro dispositivo con conexión a Internet e, unha vez rexistrados/as, poderá facerse unha visita virtual polos diferentes stands e charlar cos equipos de información e orientación das universidades participantes para poderen despexar todas as dúbidas e axudar na elección dos estudos.

Rexistro

ABAU 2022

Información sobre a Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade. ABAU 2022. 

Ligazón as ponderacións 2022-23  /  Ligazón ás notas de corte  2021 - 22

NOTA IMPORTANTE: Segundo a resolución de 11 de febreiro de 2019 na que se dictan instrucións para a realización das ABAU. Para a mellora da nota de admisión terase tamén en consideración a cualificación obtida na fase obrigatoria na materia xeral específica de cada modalidade do bloque das materias troncais (Matemáticas II, Latín II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociales II e Fundamentos da Arte II), sempre e cuando a cualificación conseguida na materia correspondente sexa igual ou superior a 5 puntos. 


 MODELOS EXAME ABAU 2022 (NOVO)

Materias
Lingua Castelá e Literatura pdf Lingua Galega e Literatura pdf Historia de España pdf
Inglés pdf Francés pdf Alemán pdf
Matemáticas Académicas pdf Economía da Empresa pdf Grego II pdf
Bioloxía pdf Debuxo Técnico II pdf Física  pdf
Química pdf Xeoloxía pdf Latín II pdf
Historia da Arte pdf Historia da Filosofía pdf Xeografía pdf
Matemáticas Aplicadas ás CC. SS pdf Inglés (2ª Lingua estranxeira) pdf Francés (2ª Lingua estranxeira) pdf
Alemán (2ª Lingua estranxeira) pdf        

 

Kahoot ABAU

Encontros Virtuais 2022 / USC

Encontros Virtuais USCA Universidade de Santiago de Compostela  organiza "Encontros Virtuais na Zona USC" entre o 7 e o 13 de abril.

O acceso faise a través da seguinte ligazón: "EVZU", nesa páxina atópanse enlaces para o estudantado de xeito que poderá falar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas.

Ligazón aos horarios das videoconferencias. 

Ligazón ao vídeo presentación: Que Queres ser?

Ligazón á Canle da USC 

I Xornadas de Portas Abertas Presenciais do Campus Industrial de Ferrol (Inscrición a través da web antes do 11/04 ás 11:00 h.)

 

Encontros Zona USC

 

 

USC

 

A Universidade de Santiago de Compostela celebra os “Encontros na Zona USC” en combinación coa mostra “A USC Camiña. Xornadas de achegamento á USC” co fin de que o alumnado de Bacharelato e 4º de ESO poida visitar os campus e os centros universitarios da USC para ter información de primeira man sobre os estudos que pensan cursar.

Video 1 / Video 2

III Premio de Ensaio Filosófico

III Premio de Ensaio Filosófico 

Club de Letras Lucus a través do Departamento de Filosofía convoca o "III Premio de Ensaio filosófico" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

Tema: Fainos mellores a Tecnoloxía?

O artigo gañador será publicado na revista cultural "Hechos Mínimos"

Ligazón para descargar PDF coas bases da convocatoria. 

Seminario Toma de Decisións para a Carreira Profesional

Influencias clave na toma de decisións para a carreira profesional

Data: xoves 20 de mayo de 2021

Destinatarios:  profesionais da orientación, docentes, estudiantes e outros interesados na temática 

Hora: 17-19h.

Inscripcións: Ata o 14 de maio Ligazón 

Lugar: online a través de MS Teams

Organiza: DIOEP-USC

O obxecivo principal do Proxecto Erasmus + Crucial  Impacts  on  Career  Choice (CICC) -2018-1-CZ01-KA204-048094 é atopar estratexias viables para que os/as profesionais se involucren no proceso de toma de decisións para a carreira profesional dos/das xoves e xestionen as posibles influenzas

PROGRAMA 

 Introducción 

1.  O Proyecto Erasmus +  Crucial Impacts on Career Choice (CICC): A toma de decisións sobre a carreira profesional en rapaces e rapazas de 13 a 16

 

2.  Principais resultados da investigación:

a. ¿Cómo se achegan  á toma de decisións da carreira?

b. ¿Cáles son as súas principais influenzas?

c. ¿Qué papel cumple a orientación profesional?

d. ¿Qué coñecementos e competencias é importante desenvolver?

e. ¿Qué percepción teñen as familias?

 

3.  A perspectiva dos profesionais: propostas de intervención

 

Conclusións

 

Turno aberto de intervencións

 

Distribuir contido