try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Novas

Novas relacionada co ensino

Obradoiro de rAp

Obradoiro de Rap orientado a todo o alumnado do IES Lucus Augusti

Obxectivos: Reivindicar a igualdade de xénero

Desenvolver unha actividadde creativa e transversal: Música, Coeducación, Plástica, Lingua, Filosofía 

Datas: 17 de marzo a 15 de abril

   

Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio e Superior

FP

Aberto o prazo para o acceso a ciclos de FP de grao medio e superior 

O período de inscrición para as probas de acceso a grao superior estará comprendido entre os días 31 de xaneiro ao 11 de febreiro (ambos incluídos)

O período de inscrición para as probas de acceso a grao medio estará comprendido entre os días 03 e 16 de marzo (ambos os dous incluídos)

Datas das probas: Ciclo superior: 28 de abril de 2022 / Ciclo Medio: 25 de maio de 2022

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan:

  • Grao Superiordezanove anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.
  • Grao Mediodezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Alumnado con Discapacidade ou TDAH

  • As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso. 
  • Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).

Ligazón ao enlace Vía web

Orde que regula o acceso 17/12/2021

Documento inscrición vía ordinaria Ciclo Superior Modelo ED312D 

Documento inscrición vía ordinaria Ciclo Medio Modelo ED312C 

Calendario das probas 

Exames  anteriores FP Grao Medio 

Exames  anteriores FP Grao Superior

 Calendario Acceso FP 2022

Aberto o prazo para o acceso a ciclos de FP de grao medio.

O período de inscrición para as probas de acceso a grao medio estará comprendido entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo (ambos os dous incluídos)

Datas das probas: 25 de maio de 2023

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Ligazón a toda a información e á convocatoria 2023

Ligazón ao enlace Vía web

Calendario das probas 

Exames  anteriores FP Grao Medio 

Yolanda Domínguez

 O Club de Letras do Lucus organiza a conferencia da artista visual Yolanda Domínguez "Mulleres que fan cousas".

Entrada libre ata encher o aforo. 

Colaboración de “Hechos mínimos

Ver TEDx Madrid

Premio Extraordinario BacharelatoA Xunta de Galicia vén de convocar os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2020/21. DOGA 09/04/2021


 

Aspirantes: Alumnado  que teña rematado estudos de bacharelato na convocatoria ordinaria e cunha nota media igual ou superior a 8,75

Proba Presencial: 23 de xuño de 2021 

1ª Parte: Análise e comentario de texto e responder a cuestións sobre un texto na I Lingua Estranxeira 

2ª Parte: Desenvolvemento de temas, respostas ou exercicios de 1 materia troncal: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II e Fundamentos da Arte II 

Dotación: 1000 Euros

Beneficiarias/os: 20 alumnos/as


SOLICITUDES

Prazo: 27 de abril ao 26 de maio

Presentación: Sede Electrónica: Cubrir datos na seguinte Ligazón. /  Presencial: Entregar o formulario cuberto en rexistro

 

Información respecto á ESA (Educación Secundaria de Adultos)

Distribuir contido