Skip to Content

Actividades

Obradoiro de rAp

Obradoiro de Rap orientado a todo o alumnado do IES Lucus Augusti

Obxectivos: Reivindicar a igualdade de xénero

Desenvolver unha actividadde creativa e transversal: Música, Coeducación, Plástica, Lingua, Filosofía 

Datas: 17 de marzo a 15 de abril

   

A imposición da beleza

La imposición de la belleza

 

Sesión de Cineforum

‘La Imposición de la Belleza’, de Nadia Martín, é un documental sobre a maneira en que esta imposición incide na saúde física e mental das mulleres, unha ditadura da beleza que permanece presente na psique das mulleres e cómo elo afecta directamente a súa saúde. Conta con numerosas entrevistas a especialistas no tema, entre elas, inclúense reflexións de autoras expertas na materia. A perspectiva é interseccional a través de testemuñas de teóricas feministas, psicólogas, periodistas e activistas diversas que sofren as consecuencias de este mito cada día que xa nos noventa denunciaba Naomi Wolf.

Un mundo diversx

ArelasUn mundo DiversX, pretende ser unha ferramenta de traballo introductora á Diversidade afectivo-sexual e a convivencia en igualdade. Este vídeo foi realizado por Prince Vidal, un rapaz de ARELAS que acaba de rematar o ciclo superior de Ilustración. Desde ARELAS, asociación de familias de menores trans, traballan para que as crianzas e adolescentes trans non teñan que vivir agochadas ou finxindo ser persoas que non son. Ligazón Arelas

Ám@me

Encontros Literarios do Club de Letras / Conferencia de Chis Oliveira Malvar e Amada Traba Díaz sobre a súa obra "Ám@me"

Alumnado de 4º ESO / 1º Bac

Álbum: Conferencias -> Ám@me

Towanda Rebels

"Towanda Rebels", unha iniciativa de comunicación de Teresa Lozano e Zua Méndez, abriu en O Vello Cárcere de Lugo o ciclo de Faladoiros Feministas, que promoven a Diputación e o foro Maruxa Mallo.

Alumnas de bacarelato do IES Lucus Augusti fixeronlles unha entrevista que será pubricada en "Radio Lucus"

Artigo de prensa

Álbum: Conferencias -> Towanda Rebels

Cineforum "Pride"

PrideTítulo orixinal: Pride

Ano: 2014

Duración: 120 min.

País: Reino Unido Reino Unido

Dirección: Matthew Warchus

Guion: Stephen Beresford

Música: Christopher Nightingale

Fotografía: Tat Radcliffe

Reparto: Ben SchnetzerMonica DolanGeorge MacKayBill NighyAndrew ScottImelda StauntonDominic WestPaddy ConsidineJoseph GilgunSophie EvansJessie CaveFreddie FoxFaye Marsay

Produtora: Calamity Films

Xénero: ComediaDrama | Drama socialComedia dramáticaBaseada en feitos reaisAnos 80Homosexualidade

Sinopse: Baseada nunha historia real, a película mostra a un grupo de activistas LGBT que recadaron diñeiro para axudar ás familias afectadas pola folga dos mineiros británicos en 1984, ao comezo do que sería a campaña Lesbians and Gais Support the Miners (Lesbianas e gais apoian aos mineiros). O Sindicato Nacional de Mineiros mostrouse remiso a aceptar o apoio do grupo debido ás preocupacións das relacións públicas do sindicato ao ser asociado cun grupo abertamente gai, polo que os activistas, en cambio, decidiron levar as súas doazóns directamente a un pequeno pobo mineiro de Gales, dando como resultado unha alianza entre as dúas comunidades. A alianza non se parecía a ningunha vista antes, pero foi un éxito.

Xoves 12 de decembro 2019 / Salón de Actos IES Lucus Augusti

Club de Letras Lucus

Distribuir contido


by Dr. Radut