try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Novas

Novas relacionada co ensino

FPConvocatoria para o aceso a ciclos de FP de grao mediosuperior e Dual

Aceso á solicitude en Liña

 

 

Período ordinario de admisión

Presentación de solicitudes

25 de xuño ás 9:00 ao 8 dexullo ás 13:00 horas

Listaxe provisional de solicitudes

13 de xullo

Reclamación á listaxe provisional

13 ás 9:00 ao15 dexullo ás 13:00 horas

Listaxe definitiva de solicitudes

21 de xullo

1ª adxudicación

21 de xullo

Matriculación 1ª adxudicación

21 ás 9:00 ao 27de xullo ás 13:00 horas

2ª adxudicación

29 de xullo

Matriculación 2ª adxudicación

29 ás 9:00 ao 31de xullo ás 13:00 horas

 

Período extraordinario de admisión

1ª adxudicación*

*Sobre as listaxes de espera do período ordinario.

 

2 de setembro

Matriculación 1ª adxudicación

2 ás 9:00 ao 4 desetembro ás 13:00 horas

Presentación de solicitudes

1 ás 9:00 ao 9 de setembro ás 13:00 horas

Listaxe provisional desolicitudes

11 de setembro

Reclamaciónálistaxe provisional

11ás 9:00 ao15 de setembro ás 13:00 horas

Listaxe definitiva de solicitudes

18 de setembro

2ª adxudicación de grao medio

18 desetembro

Matriculación 2ª adxudicación

18 ás 9:00 ao 22desetembro ás 13:00 horas

ReclamaciónsA Consellería de Educación ven de facer pública a Orde do 2 de marzo de 2021 na que se regula o proceso de reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato.

Os prazos para as reclamacións foron remitidos pola Consellería ás Direccións dos centros, tendo en conta que o segundo curso de bacharelato é un curso terminal que posibilita iniciar estudos superiores a través dunha proba de acceso, e coa finalidade de permitir a revisión das reclamacións ás cualificacións finais co tempo suficiente para que o alumnado coñeza a súa situación académica antes do inicio da proba. 

Calendario

Ligazón ao Anexo (anterior á Orde)

Ligazón á Orde de 02 de marzo de 2021

 

 

Axudas librosORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B

Prazos:

·        

Ordinario: 20/05/2020 ao 19/06/2020

·        

O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, ou se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou a un centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.

·        

O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza en formación profesional básica no curso 2020/21 e formalice a matrícula no curso da ESO que lle corresponda, cando non presentase solicitude de participación no fondo solidario nin de axuda para adquirir material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.

Solicitude telematica

Solicitude Presencial

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

Ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado na etapa de secundaria que, a xuízo do centro docente, non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso, polos importes establecidos no artigo 2.2 d) da convocatoria.

Esta situación deberá acreditarse con informe do centro once se xustifique a necesidade de adquirir o material indicado para o alumno ou alumna e a imposibilidade de entregar os libros de texto do fondo solidario de calquera curso, que debe quedar arquivado xunto coa solicitude.

 

Becas

Presentación coas Becas para o ano académico 2020. Están distribuídas en función aos meses nos que se produce a convocatoria. En xeral, soe repetirse o calendario dun ano a outro polo que podedes consultar as que presumiblemente se publicaran para o vindeiro curso.

Desecalapp é unha páxina web que permete obter información actualizada respecto ao proceso de desescalada en cada punto do territorio, achegando datos dos permisos e restricions asociadas a cada fase.  

O ministerio fixo públicas 29/04/2020 as fases de desconfinamento, a aplicación será por provincia como unidade territorial de medición cunha desescalada asimétrica en función de cada provincia, a duración das fases dependerá da evolución dos datos e baixo indicadores de saúde pública.

O inicio da nova normalidade realizarase, como mínimo, a partires do 25 de xuño, mantendo as normas de seguridade e distancia social.

Para información das características das fases nos distintos ámbitos e dos indicadores de cada fase consultar as seguintes ligazóns:

Panel de indicadores

Previsión por ámbitos 

Cronograma Fases

ÁMBITO

FASE 0

FASE 1

FASE 2

FASE 3

 

EDUCACIÓN E UNIVERSIDADES

 

Fomentarase a educación en liña ou a distancia.

 

 

Os centros educativos abrirán para o seu desinfección, acondicionamento e o traballo administrativo e preparatorio dos docentes e persoal auxiliar.

Apertura de Universidades para a súa desinfección, acondicionamento e para xestións administrativas e de investigación.

Apertura de laboratorios universitarios

 

Apertura de infantil ata 6 anos para familias que acrediten que os proxenitores teñen que realizar un traballo presencial sen posibilidade de flexibilización. Sempre con limitación de aforo.

Con carácter voluntario para o alumnado, os cursos terminais (4º ESO, 2º de Bacharelato, 2º de FP de grao Medio e Superior e último ano de Ensinos de réxime especial) comezarán con división dos grupos de máis de 15 estudantes ao 50% para asistencia alterna ou en semigrupos paralelos. 

Permítese a apertura dos centros de Educación Especial, e a asistencia dos alumnos terá carácter voluntario.

ABAU.

Os centros educativos prepararán programas de reforzo educativo a desenvolver no centro para os/as alumnos/as non mencionados anteriormente.

 

 

Nova normalidade

 

 

O EOE (Equipo de Orientación Específico) de Lugo enviou aos Departamentos de Orientación un documento dirixido a tod@s os membros da Comunidade Educativa (Alumnado, Familias e Profesorado) con pautas para afrontar o período de confinamento e indicacións para a fase de desecalada.

Ligazón ao documento

 

Distribuir contido