try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Benestar emocional

Unidades didácticas da proposta de intervención da Consellería de Educación para o "Benestar Emocional" COVID-19 / Ano publicación 2021

Benestar emocional

A Consellería de Educación ven de publicar unha "Proposta de Intervernción de Benestar Emocional" para enfrontar os desaxustes emocionais derivados da situación atípica ocasionada pola pandemia da COVID-19. que modificou de xeito significativo as nosas relacións sociais.

A pesares de estar enfocadas ao alumnado da etapa de primaria algunhas das propostas didácticas poden ser implementadas no 1º e 2º curso da ESO.

Conecta

CONECTA

Favorecer a creación de espazos de comunicación e escoita, así como a identificación das emocións propias e alleas sentidas e vividas durante este período de pandemia global

 

 Mochila dos recordos

"Mochila dos recordos" Nos momentos tan difíciles que temos vivido foron moitas e diferentes as emocións sentidas. Para ser quen de xestionalas primeiro debemos identificalas, poñerlles nome e compartilas, observando como os sentires compartidos axudan a sobrepoñerse e saír adiante en situacións estresantes da vida, ao contribuír ao crecemento persoal e ao benestar emocional.

Sesións: 2

 Baleirando petos

 "Baleirando petos". A través da escoita activa experimentamos sentimentos e emocións alleas, sentimos empatía de xeito natural e transmitimos seguridade a que é escoitado/a. Empregando o recordo que nos ofrecen os sentidos, identificamos as emocións propias e alleas. 

Sesións: 2

 Detectives de emocións

 "Detectives de emocións". Tras unhas circunstancias adversas como as vividas -e preciso pararnos a pensar e reflexionar sobre os nosos sentimentos, sobre como mudadro e sobre os motivos que os xeraron para poder identificalos e comezar a xestionalos axeitadamente.

Sesións: 2

 Orellas de elefante

"Orellas de elfante". Saber escoitar é moi importante na comunicación. A escoita empática consiste en sintonizar cos sentimentos do interlocutor, en poñernos no lugar da persoa que ten algo que dicir. Neste caso trataremos de comprender tamén actitudes e xestos, máis aló das simples palabras, pois isto é esencial para ter unha boa comunicación termos unha boa comunicación

Sesións: 2

Sperpoder

"Superpoder". Todos temos en algún momento o soño de ter un superpoder que nos confira esas posibilidades sobrehumanas que nos fagan sentir seres especiais. Xogo de creatividade para abadoarnos á nosa imaxinación.

Sesións: 2

O poder da música

 

"O poder da música". A arte xera emocións. Este xeito de achegarnos a elas, permítenos identificalas e comprendelas, cunha visión lúdica e distante. O feito de compartir o que sentimos ante unha obra musical e crear entre todos os membros do grupo unha lista de cancións que nos fan sentir o mesmo, lévanos a fomentar o sentimento de pertenza ao grupo que pode ser de gran axuda ante a incerteza e a inquedanza.

Sesións: 2

   
Respecta

RESPECTA

Está dirixido a tomar conciencia dos novos cambios nos hábitos e relacións sociais tendo en conta as normas hixiénico-sanitarias derivadas da COVID-19

Cambiamos tocarnor por mirarnos

"Cambiamos tocarnos por mirarnos". Tendemos a facer uso da linguaxe verbal acompañada de xestos (apertas, bicos, aloumiños). Podemos substituílos por unha linguaxe non verbal que expresan a intensidade da emoción.

Sesións: 2

Bicos de lapis, bicos de picas

"Bicos de lapis, bicos de picas". Tern en conta a denominada distancia de seguridade, manter unha distancia interpersoal de cando menos 1,5 metros, nas interaccións entre as persoas. 

Sesións: 1

En equipo máis fortes

"En equipo, máis fortes". Dialogar e compartir opinións para buscar solucións axeitadas e creativas, desde unha visión positiva e responsable, aumenta a capacidade do alumnado de autoeficacia e fomenta a autoestima.

Sesións: 2

Planeta perfecto

"Planeta perfecto". Concienciar o noso alumnado sobre a contaminación do planeta. Nos últimos meses reduciuse a contaminación obtendo ceos máis limpos e augas máis claras debido, fundamentalmente, ao descenso de vehículos de tráfico e á diminución da produción industrial. Pero a pesar deste dato positivo estamos tendo comportamentos pouco cívico co uso das máscaras e as luvas.

Sesións: 2

Fabilaforum

"Fabulaforum". A fábula é unha ferramenta moi valiosa para traballar valores e normas de conduta. Pretendemos facer unha reflexión conxunta da fábula a través da posta en común das ideas e emocións que se xeran tras a súa lectura.

Sesións: 2

Xogos reunidos

"Xogos reunidos". O xogo como ferramenta indispensable no proceso de aprendizaxe do noso alumnado. Permite que os contidos transmitidos sexan interiorizados desde a emoción fundamentais para a interiorización das novas normas hixiénico-sanitarias.

Sesións: 1

   
Regula

REGULA

Desenvolve aspectos relacionados coa regulación emocional e o afrontamento dos conflitos para aprender a tolerar a frustración e evitar situacións de estrés

Caixa de urxencias emocional

"Caixa de urxencias emocional". Todos precisamos un lugar onde sentirnos seguros, tranquilos, protexidos. Construiremos “o recuncho do corazón”, un lugar onde deixar fluír as nosas emocións. Alí atoparemos a nosa caixa de urxencias emocional, ferramenta para chegar a acadar o benestar da aula.

Sesións: 1

 

Un paseo relaxante

"Un paseo relaxante". As relaxacións guiadas son unha técnica frecuentemente empregada para centrarnos no momento presente, tomar conciencia sobre como estamos tanto a nivel corporal como a nivel mental e relaxarnos e calmar os nosos pensamentos e emocións

Sesións: 1

Tece palabras

"Tece palabras". Habituarnos á perda de cousas, persoas, situacións é algo moi difícil de superar. Para os nenos e nenas é igualmente de dificultoso pero co inconveniente de que moitas veces non saben como expresalo nin adoitamos brindarlles o tempo nin o espazo para facelo.

Sesións: 2 

Faltoume o que non tiña, ou non? 

"Faltoume o que non tiña, ou non?". Desenvolvemento de estratexias adaptativas que axuden a afrontar os cambios estresantes que van sucedendo no contorno, así como a buscar solucións para autorregular e xestionar as emocións dun xeito positivo e creativo.

Sesións: 1

 

A cesta máxica

"A cesta máxica"Dar a coñecer a importancia do uso da linguaxe positiva acompañada de actitudes tamén positivas.

Sesións: 2

Bandeiras do Himalaia

"Bandeiras do Himalaia". Fomentar o sentimento de esperanza e crer que podemos enfrontar as adversidades incrementa o sentimento de seguridade e activa estratexias de regulación emocional colectiva.

Sesións: 2

   
 Vive

VIVE

Fomentar actitudes positivas, sentimentos de gratitude e solidariedade co fin de desenvolver pensamentos positivos, recoñecer o esforzo e xerar un beneficio común.

Pechando os ollos

"Pechando os ollos". A gratitude e a admiración non son só emocións que te fan sentir ben, senón que che permiten vivir dun xeito máis pleno e saudable.

Sesións: 1

Adiviña quen "Adiviña quen". Ferramentas que fomentan o pensamento positivo, facendo fincapé nas fortalezas de cada un e de cada unha de nós.

 Sesións: 2

Cada ovella coa súa parella

"Cada ovella coa súa parella". Representar a través dun role play de personaxes brindaranos a posibilidade de poñernos no lugar doutras persoas e entender as situacións polas que pasan, achegándonos ás súas emocións e sentimentos e dándonos pé para o debate.

Sesións: 2

 

Tempo compartido

"Tempo compartido". Recoñecemento das nosas fortalezas e habilidades favorece a construción dunha autoestima máis positiva ao ter un autoconcepto máis axustado á realidade.

Sesións: 2

 

Olimpo

"Olimpo". Potenciar e recoñecer as fortalezas, fomentar estratexias para enfrontar as dificultades e manter relacións baseadas no respecto polos demais son habilidades esenciais para o benestar das persoas.

Sesións: 2

Receita da felicidade

"Receita da felicidade". As persoas que son quen de desenvolver habilidades para ser felices son máis proactivos á hora de afrontar o futuro e as dificultades, máis creativos na resolución de conflitos e acadan un maior autoconcepto.

Sesións: 2

   
Anexos Avaliación  Documentos para avaliar as Unidade Didácticas
Outros anexos  Outros Anexos para desenvolver as Unidades Didácticas propostas

 

 

Distribuir contido