try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Aulas I + I

Espazo para contidos relacionados co proxecto Aulas I + I

Sissi Freire

 

Sissi Freire demostrou onte que non hai nada imposible, ante o alumnado do IES Lucus Augusti e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Esta muller perdeu a visión fai poucos anos e mailo seu exitoso traballo, o que a sumiu nunha grave depresión, pero a colaboración cunha ONG na República Dominicana mudou a súa vida cando se fixo cargo da que é a súa filla adoptiva, Sofía, que tiña entón 11 meses e unha grave discapacidade. A burocracia no impediu que Sissí e Sofía pelexaran xuntas por saír adiante cada día, axudadas polos seus cans de asistencia. Estas charlas  enmarcanse dentro do Plan Proxecta da Xunta - Aulas I + I, de cara a sensibilizar á comunidade educativa sobre as persoas con diversidade funcional, que este ano organizaron os dous centros de maneira conxunta.

Falando de "Etiquetas"

Trala representación da obra "Etiquetas" os protagonistas organizaron unha charla informativa explicando o desenvolvemento do proxecto e respostando as preguntas do público. Unha idea que xurdiu por iniciativa do alumnado e que contribúe a consolidar o manifesto fronte a igualdade e a inclusión nos centros de ensino. Un remate dialóxico para un proxecto inesquecible. Moitísimas grazas a tod@s.

Análise enquisa Aulas I + I

Enquisa IgualdadeDocumento co análise dos datos obtidos a través de a enquisa para a valoración da comunidade educativa do IES Luucs Augusti respecto a percepción da Igualdade e a Iclusividade. A sondaxe foi realizada durante o ano académico 2017/18

 

Etiquetas

"Etiquetas" No teatro conflúen a maior parte das destrezas que a escola considera instrumentais, aquelas que axudan a proporcionar ao alumnado un andamiaxe para ir dando estrutura e conformando a adquisición de coñecemento: a comprensión, a lectura, a capacidade de expresión, a memoria, o traballo grupal, a creatividade, a música... Este ano decidimos engadir a través da cooperación entre os institutos "Lucus Augusti" e "Nosa señora dos Ollos Grandes" e a Fundación "Tadega" , un valor máis á grandeza das artes escénicas, o compromiso pola integración e a igualdade. Non é doado converter unha idea nun texto, nin ese texto nunha representación coral, nin artellalo cunha banda sonora que envolva a obra nun ambiente impactante... Máis o que resulta absolutamente sorprendente é que un grupo de rapaces e rapazas de 1º , 2º e 4º da ESO foran quen de darnos unha lección de compromiso, de facer explícita a forza que posúen e amosar que eles e elas son os auténticos protagonistas do proceso de ensinanza-aprendizaxe. "Maisqueteatro" foi unha experiencia máxica, 8 sesións de ilusionismo misturando psicodrama, expresión de emocións, terapia grupal, educación en valores... Un luxo dun valor pedagóxico incalculable que deixou unha pegada sensitiva imborrable. "Etiquetas" será, como escribe Galeano, para "RECORDAR: Del latín re-cordis, volver a pasar por el corazón".

 

Función no IES Lucus Augusti

 

Función no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Distribuir contido