try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Aulas I + I

Espazo para contidos relacionados co proxecto Aulas I + I

VidaXornada intensa coa presenza de Rubén Riós (un home que de non existir teríamos que inventalo) e Mónica Ferreiro. O Director é unha das protagonistas da curtametraxe "Vida" é o documental "Máis ca vida". Un espectáculo para máis de 200 alumnos e alumnas do IES Lucus Augusti que se achegaron á inclusión e igualdade a través da linguaxe cinematográfica. Unha mágoa a ausencia das familias e profesado que ningunearon dun xeito vergoñante unha actividade recoñecida pola USC como unha experiencia maxistral de intervención pedagóxica que dará moito que falar a nivel nacional pola excelencia do seu traballo. Estou simultaneamente satisfeito e doído pola experiencia, non puiden imaxinar que dunha poboación diana potencial de máis de 800 persoas só acudisen 30. Hai tanto que mudar no ensino que che queda unha mistura de desacougo e frustración arrepiantes. Grazas a todas as persoas que contrbuístes a facer unha xornada de prestidixitación educativa. 

https://youtu.be/SrSO0JAIVI0

https://youtu.be/tzX9n_3qbkw

Resumo da cuarta sesión do obradoiro de teatro do Proxecto Aulas I + I. Unha sesión de terapia grupal excepcional.

 

Curtametraxe que presenta un futuro distópico para reflexionar sobre a "humanidade" das emocións. Ficha técnica / Dossier

XMILE é un proxecto humanista. Unha reflexión sobre cómo o ser humano podería dixitalizarse ata un punto no que os sentimentos e o cariño se convirtan en formas superficiais de comunicación a través de redes sociales e apps.

Ligazón á web Mi cine inclusivo de Miguel Ángel Font Bisier

A incorporación dos cinco sentidos en XMILE foi o punto de partida para que o proxecto se fixera accesible para persoas con discapacidades visuais e auditivas, achegándonos ao deseño audiovisual para todos e todas. Acceso a versión audiodescriptiva

O vídeo está suxeito a dereitos de autor e non pode facerse público neste espazo web. O profesorado interesado no seu visionado e que non teña acceso a través da Plataforma Platega pode facelo na aula virtual no espazo de orientación - Aulas I + I

   

 Curtametraxe "Vida". Unidade didáctica

  "Máis ca vida" documental do making of da curta.

 

Nova sesión do obradoiro de teatro do Proxecto Aulas I + I: "O valor das palabras", vai collendo forma a representación. Unha experiencia extraordinaria.

"Éranse unha vez palabras que se cravaban como agullas, que doían ó saír e mancaban ó chegar. Facían que as persoas parecesen pequenas e sen valor. Ocupábano todo e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos escritos. Éranse unha vez palabras que destruían, que excluían. Pero bastaba só con mirarse ós ollos para que brotaran palabras fermosas  que voaban e debuxaban novos sorrisos,  e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos xornais.Éranse unha vez palabras fermosas que sabían facer sentir ben. Facían que as persoas se sentisen valoradas e contaban historias que enchían de folgos. Éranse unha vez palabras fermosas que agarimaban, que incluían."

Dentro das actividades do Programa Aulas I + I do Plan Proxecta pretendemos realizar unha sondaxe do contexto educativo en relación á Inclusión e a Igualdade no marco do noso instituto. O cuestionario é anónimo e ten como finalidade provocar unha reflexión respecto á percepción da comunidade educativa en temas vencellados á atención á diversidade. A enquisa pode ser respostada polo profesorado, alumnado, familias e persoal non docente. Quedará aberta a opción de consultar os datos.  

Distribuir contido