try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Familias

ADMISIÓN FP 2023-2024

O plazo para realizar a solicitude de admisión aos Ciclos de Formación Profesional abrirase o 23 de xuño ás 09:00 horas ata o 5 de xullo ás 13:00 horas.

As solicitudes hai que realizalas a través da aplicación ciclosadmisión, que aínda non estará activa ata esa data.

 

LIGAZÓN Á PÁXINA DE ADMISIÓN

CALENDARIO

INSTRUCIÓNS XERAIS

INSTRUCIÓNS DE ADMISIÓN

LIGAZÓN AO VÍDEO EXPLICATIVO

OFERTA

 

EducandoNós. Obradoiro para familias.

O IES Lucus Augusti, en colaboración co Concello de Lugo,  convídavos a asistir o próximo 16 de Maio ás 20:00 horas ao OBRADOIRO PARA NAIS, PAIS E ADOLESCENTES.

 

Falaremos das dificultades, preocupación, inseguridades… con respeto ao consumo de substancias e das adiccións sen sustancias, tanto dende a perspectiva das familias coma dos fillos e fillas.

 

A charla realizarase no noso centro a cargo de Marta Paz, Educadora Social do noso concello.

 

Agradecemos a asistencia e a oportunidade.

Agardámosvos!

 

Para máis información, podedes contactar:

BECAS 2023-2024

Está aberto o prazo para solicitar as becas do Ministerio de Educación para o vindeiro curso 2023-2024.

O prazo comeza con data 27 de marzo de 2023 e remata o 17 de maio de 2023.

Todo os trámites relativos á solicitude poden realizarse online.

A tramitación realízase mediante a sede electrónica do Ministerio de Educación, e a autenticación pode facerse de dous xeitos:

·        Mediante usuario (DNI o NIE) e contraseña establecida polo usuario no momento de rexistrarse. A identidade é comprobada mediante cruce de datos co Ministerio de Interior.

·         Mediante certificado electrónico, integrado na plataforma Cl@ve. Si se utiliza esta forma de autenticación, todas as consultas que se realicen acerca do estado da tramitación deberán facerse da mesma forma.

 

 

Non hai que presentar documentos para realizar a solicitud, salvo que se soliciten.

 

TODA A INFORMACIÓN E TRÁMITE

ENCONTROS INTERFAMILIARES XTÍ 2023

O Concello de Lugo invita ás familias a participar nun proxecto dirixido a nais e pais con fillos/as adolescentes.

Trátase dunha actividade de ocio que se desenvolverá os domingos pola tarde e onde se traballará a prevención de adiccións dende unha perspectiva moi dinámica e participativa.

 

 Ademais da actividade dos domingos ofrécese asesoría de intervención familiar gratuíta para os participantes.

 

 

 

Xornadas sobre Adicións sen Substancia

Xornadas de adicións sen substancia

O Concello de Lugo desenvolve as “Xornadas sobre adicións sen substancia” impartidas por distintos especialistas que abordarán varias temáticas relacionadas coas adicións comportamentais.

O 12 de maio ás 16:30 intervirá na Biblioteca do IES Lucus Augusti a psicóloga Belen Montesa Lou para falar de "A relación das novas tecnoloxías coa adolescencia contemporánea

Entrada aberta ata completar aforo 

Ligazón ao cartaz das Xornadas  

Encontros Virtuais 2022 / USC

Encontros Virtuais USCA Universidade de Santiago de Compostela  organiza "Encontros Virtuais na Zona USC" entre o 7 e o 13 de abril.

O acceso faise a través da seguinte ligazón: "EVZU", nesa páxina atópanse enlaces para o estudantado de xeito que poderá falar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas.

Ligazón aos horarios das videoconferencias. 

Ligazón ao vídeo presentación: Que Queres ser?

Ligazón á Canle da USC 

I Xornadas de Portas Abertas Presenciais do Campus Industrial de Ferrol (Inscrición a través da web antes do 11/04 ás 11:00 h.)

 

Distribuir contido