try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Familias

Encontros Virtuais / Zona USC

Envontros Virtuais USC

A Universidade de Santiago de Compostela  organiza "Encontros Virtuais na Zona USC" os vindeiros días 23, 24 e 25 de marzo.

O acceso faise a través da seguinte ligazón: "EVZU", nesa páxina atópanse enlaces para o estudantado de xeito que poderá falar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables e estudantes da titulación para aclarar as súas dúbidas.

En cada enlace figurarán os horarios das videoconferencias.

Na Xornada de Inauguración o 23 de marzo ás 12h., terá lugar a conferencia "Proxectos e ilusións" do Profesor Angel Carracedo. / Ligazón.

A Xornada de Clausura o 25 de Marzo ás 18h. rematará coa conferencia "Non hai punto final" da escritora e veterinaria Erica Esmorís. / Ligazón

Ligazón ao díptico.

Ligazón á Canle da USC

Presentación IES Lucus Augusti

No presente ano académico 2020/21, a situación derivada da pandemia pola COVID-19 impídenos realizar unha xornada presencial de portas abertas.

Co fin de dar a coñecer, ao alumnado de nova incorporación e máis a súas familias, as instalacións do IES Lucus Augusti e a actual oferta formativa, editamos un vídeo de presentación cun percorrido polo edificio, no que incluímos información académica de carácter xeral.     

Asemade, ofrecemos a posibilidade de realizar videoconferencias cos centros de ensino de procedencia e/ou as ANPAs, para tentar resolver as dúbidas relacionadas co proceso de ensinanza-aprendizaxe do novo alumnado.

Para facer a solicitude enviade un correo electrónico ao enderezo: ies.lucus.augusti@edu.xunta.gal indicando:

  • Centro de Ensino e/ou ANPA
  • Email de contacto
  • Teléfono de contacto
  • Etapa (ESO / Bach / FP)
  • Proposta de data e hora
  • Nº aproximado de asistentes 
  • Participantes (familias e/ou alumnado)   

Guía de Estudios Superiores de Galicia

O 18 de marzo do 2021Guía de estudos Superiores Galicia 2021 "La Voz de Galicia" actualizou a súa guía de estudos superiores na que recolle información relacionada coa universidade e os ciclos formativos. O seu contido pode resultar de interese para o alumnado e as familias.

Entre a información atópanse indicacións de cada titulación, en que campus/localidades se ofertan, cales son as notas de corte do curso actual, no caso dos graos, que materias serven para subir nota en selectividade (as coñecidas como ponderacións), número de prazas de cada grao, as materias de formación básica e as saídas profesionais máis habituais, oferta nas Universidades privadas, etc. / Os nomes da titulacións deben buscarse en Galego.

Polo momento unicamente está dispoñible a versión impresa da Guía 2021, nas vindeiras datas será actualizada a versíon web.

Para consultar a Guía web de 2020: Ligazón

Xornada de portas abertas da UDC

Xornada de portas abertas UDC

A Universidade da Coruña organiza os vindeiros mércores 30 e xoves 31 de marzo as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria

Horario de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Os dous días ás 16:00h desenvolverase unha charla sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN que impartirá o prof. Pedro Armas, delegado do Reitor da UDC ante a CIUG, que comentará as novidades para 2022. 

Manteranse vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:
a. Perfil de ingreso
b. Por que estudar este Grao na UDC
c. Contido da titulación
d. Saídas profesionais
e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

O alumnado poderá:

  *   Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.
  *   Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas
  *   Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...
  *   Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado
  *   Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

Haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.

Descargar PDF cos horarios das charlas

 

Un mundo diversx

ArelasUn mundo DiversX, pretende ser unha ferramenta de traballo introductora á Diversidade afectivo-sexual e a convivencia en igualdade. Este vídeo foi realizado por Prince Vidal, un rapaz de ARELAS que acaba de rematar o ciclo superior de Ilustración. Desde ARELAS, asociación de familias de menores trans, traballan para que as crianzas e adolescentes trans non teñan que vivir agochadas ou finxindo ser persoas que non son. Ligazón Arelas

Probas de Acceso a Ciclos de Grao Medio e Superior

FP

Aberto o prazo para o acceso a ciclos de FP de grao medio e superior 

O período de inscrición para as probas de acceso a grao superior estará comprendido entre os días 31 de xaneiro ao 11 de febreiro (ambos incluídos)

O período de inscrición para as probas de acceso a grao medio estará comprendido entre os días 03 e 16 de marzo (ambos os dous incluídos)

Datas das probas: Ciclo superior: 28 de abril de 2022 / Ciclo Medio: 25 de maio de 2022

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecen dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan:

  • Grao Superiordezanove anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.
  • Grao Mediodezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Alumnado con Discapacidade ou TDAH

  • As persoas con necesidades específicas derivadas de alteracións físicas, psíquicas ou sensoriais cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% poderán solicitar as medidas ou os recursos adicionais necesarios para desenvolver a proba de acceso. 
  • Ademais tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas de trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH). A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na solicitude de inscrición e xuntaráselle a xustificación documental do diagnóstico de TDAH (informe médico e informe psicopedagóxico se o houbese).

Ligazón ao enlace Vía web

Orde que regula o acceso 17/12/2021

Documento inscrición vía ordinaria Ciclo Superior Modelo ED312D 

Documento inscrición vía ordinaria Ciclo Medio Modelo ED312C 

Calendario das probas 

Exames  anteriores FP Grao Medio 

Exames  anteriores FP Grao Superior

 Calendario Acceso FP 2022

Distribuir contido