try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Novas

Novas relacionada co ensino

Ante a situación derivada da pandemia pola COVID-19, no presente ano académico as actividades presenciais organizadas plola USC a través do seu Porgrama A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade non se poderán realizar de xeito presencial polo que foi habilitado o portal "Encontros Virtuais" no que se proporciona información actualizada dos graos ofertados e do sistema de acceso (ABAU).

22 ao 26 de febreiro terán lugar os Encontros Virtuais da Universidade de Santiago de Compostela, dirixidos ás Orientadoras e Orientadores e Profesorado de Ensino Medio. Podendo conectarse a través de videoconferencia cos distintos centros para facer as consultas que se desexen.

A web permanecerá aberta para toda a comunidade educativa.

 

 

 

GR / Cuestionario Orientación

 

O portal Educaweb ofrece un cuestionario en liña gatuito (GR) para identificar os teus gustos, preferencias e intereses respecto a unha serie de características persoais que deberás ter en conta na selección dos teus futuros estudos ou da túa profesión.

Premer na imaxe para acceder á ligazón e seguir todos os pasos que se establecen no cuestionario. Ao remate ofrecerase unha orientación baseada nas respostas amosando o Grupo Ocupacional preferente e aqueles estudios e ofertas de emprego acordes co perfil obtido.

 

 

Non máis Matildas

 

O “Efecto Matilda” é un prexuizo en contra do recoñecemento dos logros das mulleres científicas”

#No more Matildas” é unha forma de poñer de manifesto as trabas ás que se viñeron enfrontando as mulleres que quixeron entender o mundo no que se atopaban dedicándose á ciencia. Podemos afirmar con case total seguridade que estes grandes descubrimentos para a humanidade só puideron desenvolverse porque estes científicos foron homes,  esta brecha de xénero segue existindo hoxe, aínda que esteamos nunha situación indiscutiblemente mellor.

Descargar Libros

 

Ligazón aos Recursos "De maior quero ser científica"

II Premio artigo filosósfico

 

 

 

 

Club de Letras Lucus a través do Departamento de Filosofía convoca o "II Premio de Ensaio filosófico" para o alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

O artigo gañador será publicado na revista cultural "Hechos Mínimos"

Descargar pdf coas bases premendo na imaxe ou nesta ligazón.

 

 

 

 

 

 

 

Normas educativas modificadas pola Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro (LOMLOE), os enfoques, os principios, as principais novidades e os factores de éxito.

Infografías coas modificacións máis significativas na LOMLOE / Ver documento completoLOMLOECalendario de aplicación LOMLOE

 

A Consellería de Educación ven de publicar a convocatoria dos premios extraordinarios da ESO ao rendemento académico. Realizarase unha proba á que poderá presentarse o alumnado que cursou 4º ESO no ano académico 2019/20 e obtivera unha nota media no conxunto da etapa igual ou superior a 9.

Serán concedidos 20 premios dunha cuantía de 750 euros.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 27 de xullo e o 21 de agosto e realizarase telemáticamente a través do seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.es/premiosedu/

Ligazón á Convocatoria

Distribuir contido