try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Novas

Novas relacionada co ensino

Fiestra

 

Plataforma dixital que promove a utilización de audiovisual galego como recurso pedagóxico para a educación en valores nos centros de ensino nas etapas de primaria e secundaria.

Dispón dun catálogo de curtametraxes galegas seleccionadas especialmente polo seu valor educativo.

Cada unha das obras vai acompañada dunha serie de recursos didácticos cos que poder traballar nas aulas

Para acceder:
 
 
Usuario: ies.lucus.augusti@edu.xunta.es
 
Contrasinal: Solicitala ao correo: alejandro.amieiro@edu.xunta.gal
 

Entrar no Catálogo de Curtametraxes

ANTES DE VER A OBRA

  • Recomendar ao alumnado que presten atención á obra xa que, logo do visionado, realizaremos unha serie de preguntas e xeraremos debate arredor dos contidos da mesma.

DESPOIS DE VER A OBRA / Recomendacións xerais para a realización das actividades:

  • Fomentar que os alumnos hipoteticen e favorecer a xeración de debate para a reflexión, o pensamento racional e o sentido crítico.
  • Promover a xeración de debate e a capacidade de debater dende o respecto. Esta actividade pretende afondar nos contidos da obra pero tamén pretende achegar a oportunidade de pensar, reflexionar, analizar, hipotetizar, debater, escoitar, e aprender a respectar as ideas e opinións dos demais.
  • Deixar que os alumnos debatan durante uns minutos sen corrixir as súas opinións e, unha vez que o debate perda forza, ou logo do tempo que o docente estime oportuno, aportar as respostas que se achegan nas guías de intervención pedagóxica.
  • Rexistrar nun documento as impresións e reflexións do docente acerca da actividade na súa totalidade, dende a formulación da iniciativa de educación a través do cine ata a realización das actividades.

Air Lucus

Renderizado de imaxes de Google Earth do IES Lucus Augusti.

O dilema das redes sociais

Interesante documental, presentado como unha fusión entre as declaracións de expertos estreitamente vinculados ás redes sociais e unha dramatización, ao estilo de "Insight out", cargada de símbolos subliminares, que o fai máis accesible ao público adolescente.

A preocupación pola distopía tecnolóxica, visibilizada a través de escritores como Harari ("Homo Sapiens" e "Homo Deus") ou Peirano ("El enemigo conoce el sistema"), é levada á pantalla por Jeff Orlowski nun formato impactante. Descubrir que os gurús da era dixital comezan a reclamar ética ... é inquedante. Isa ansia de filosofía, en boca dos artífices da inminente debacle da humanidade, resulta tan esperanzadora como sospeitosa.

 

Guía de Estudios Superiores de Galicia

O 18 de marzo do 2021Guía de estudos Superiores Galicia 2021 "La Voz de Galicia" actualizou a súa guía de estudos superiores na que recolle información relacionada coa universidade e os ciclos formativos. O seu contido pode resultar de interese para o alumnado e as familias.

Entre a información atópanse indicacións de cada titulación, en que campus/localidades se ofertan, cales son as notas de corte do curso actual, no caso dos graos, que materias serven para subir nota en selectividade (as coñecidas como ponderacións), número de prazas de cada grao, as materias de formación básica e as saídas profesionais máis habituais, oferta nas Universidades privadas, etc. / Os nomes da titulacións deben buscarse en Galego.

Polo momento unicamente está dispoñible a versión impresa da Guía 2021, nas vindeiras datas será actualizada a versíon web.

Para consultar a Guía web de 2020: Ligazón

Nada será igual

Nada será igual

"Nada será Igual" é un proxecto educativo para concienciar respecto ao ciberbullying. O director Víctor Antolí realizou este traballo baseánodse na iniciativa no ano 2014 do alumnado de bacharelato de último curso de Intertpretación nun IES de Castellón, a partir desa curta xestouse este filme, que forma parte da campaña #Ypunto, un movimento social que consite en mandar un punto a través das redes sociais como apoio ás vítimas de acoso.  Ligazón a Youtube

Xornada de portas abertas da UDC

Xornada de portas abertas UDC

A Universidade da Coruña organiza os vindeiros mércores 30 e xoves 31 de marzo as XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, para dar a coñecer ao Futuro Estudante a oferta de titulacións de Grao e a Vida Universitaria

Horario de 16:00h a 20:00h, a través de Teams.

Os dous días ás 16:00h desenvolverase unha charla sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN que impartirá o prof. Pedro Armas, delegado do Reitor da UDC ante a CIUG, que comentará as novidades para 2022. 

Manteranse vídeoconferencias simultáneas en vivo, unha por cada Rama e Coñecemento, seguindo o seguinte esquema:
a. Perfil de ingreso
b. Por que estudar este Grao na UDC
c. Contido da titulación
d. Saídas profesionais
e. Enderezo electrónico de contacto, ao final da presentación, para posteriores consultas sobre a/s titulación/s.

O alumnado poderá:

  *   Conectarse directamente premendo na ligazón que figura ao lado de cada titulación no horario sinalado. Non é necesaria inscripción previa nin ter instalado Teams.
  *   Interactuar cos relatores e aclarar as súas dúbidas
  *   Visitar virtualmente os Centros da UDC: Facultades, Escolas, Residencias, Instalacións deportivas...
  *   Ver os testemuños de alumnado matriculado e egresado
  *   Participar en retos e obradoiros e conseguir agasallos

Haberá vídeoconferencias sobre ABAU e PREINSCRIPCIÓN en horario de mañá e tarde e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes durante toda a Xornada.

Descargar PDF cos horarios das charlas

 

Distribuir contido