try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Xeral

Unidades didácticas compatibles con todas as etapas

Obradoiros Prevención de Drogas

O Concello de Lugo organiza unha Campaña de Prevención de Drogodependencias a través de programas de intervención socioeducativa orientada ao alumnado de ESO.

Ligazóns aos materiais:

 

Actividades Didácticas Prevención Drogas Flipe das Drogas O móbil arrasa
Xoga é divertido Adiccións de que falamos? Órdago
Unplugged

 Manual Profesorado Unplugged

 Caderno alumnado Unplugged

 Fichas alumnado

 

BeCritical

BeCritical

 

A Fundación EduCaixa ven de publicar "BeCritical" un Programa para o desenvolvemento da competencia mediática e o pensamento crítico, orientado ao alumnado das etapas de secundaria, bacharelato e ciclos.

Dispón dun catálogo de recursos e actividades para descargar e traballar online (vídeos), ademais de contar coa posibilidade de asesoramento a través dunha titoría online.

A finalidade e desenvolver un proxecto que estimule o xuízo crítico e a reflexión dende o punto de vista do consumo e produción de información

Proposta Titoría

De maior quero ser científica

De maior quero ser científica é unha das accións vinculadas á iniciativa de divulgación científica, co obxectivo de achegar á sociedade a investigación biomédica, tecnolóxica e innovadora realizada por mulleres.

O 7 de febreiro de 2021 "La Voz de Galicia" publicaba un artigo no que se poñia de manifesto que a presenza fiminina no material educativo unicamente alcanzaba o 7,6%, un estudio publicado en Science desvelou que a partir dos seis anos as nenas asocian a brillantez e a intelixencia co xénero masculino. Evidenciando que estase a perpetuar o "Efecto Matilda"

Epidemioloxía   Matemáticas

Comunicadora

Científica

Enxeñeira

Biomédica 

 

Investigadora

Clínica 

 

Investigadora

Farmacéutica 

 

Enseñeira

Informática

 

Enseñeira 

Robótica 

 

Enseñeira

de Texidos

Enseñeira

Textil 

 

Fiestra

 

Plataforma dixital que promove a utilización de audiovisual galego como recurso pedagóxico para a educación en valores nos centros de ensino nas etapas de primaria e secundaria.

Dispón dun catálogo de curtametraxes galegas seleccionadas especialmente polo seu valor educativo.

Cada unha das obras vai acompañada dunha serie de recursos didácticos cos que poder traballar nas aulas

Para acceder:
 
 
Usuario: ies.lucus.augusti@edu.xunta.es
 
Contrasinal: Solicitala ao correo: alejandro.amieiro@edu.xunta.gal
 

Entrar no Catálogo de Curtametraxes

ANTES DE VER A OBRA

  • Recomendar ao alumnado que presten atención á obra xa que, logo do visionado, realizaremos unha serie de preguntas e xeraremos debate arredor dos contidos da mesma.

DESPOIS DE VER A OBRA / Recomendacións xerais para a realización das actividades:

  • Fomentar que os alumnos hipoteticen e favorecer a xeración de debate para a reflexión, o pensamento racional e o sentido crítico.
  • Promover a xeración de debate e a capacidade de debater dende o respecto. Esta actividade pretende afondar nos contidos da obra pero tamén pretende achegar a oportunidade de pensar, reflexionar, analizar, hipotetizar, debater, escoitar, e aprender a respectar as ideas e opinións dos demais.
  • Deixar que os alumnos debatan durante uns minutos sen corrixir as súas opinións e, unha vez que o debate perda forza, ou logo do tempo que o docente estime oportuno, aportar as respostas que se achegan nas guías de intervención pedagóxica.
  • Rexistrar nun documento as impresións e reflexións do docente acerca da actividade na súa totalidade, dende a formulación da iniciativa de educación a través do cine ata a realización das actividades.

Sementado Igualdade

 

O Concello de Lugo, a través da Área de Cohesión Social, ven de presentar co gallo do "Día Internacional da Muller 2021" o libro "Sementamos Igualdade". 

Dirixido aos ámbitos familiar, educativo, institucional e da contorna social, recolle información respecto ao concepto de igualdade e ofrece microguías para fomentar a linguaxe igualitaria, recoñecer os mitos do amor romántico, e os síntomas dunha relación perigosa. 

Kahoot ABAUXogo con cuestións relacionadas coa Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU). 

Instrucións:

  • O alumnado debe dispor dun dispositivo de conexión a internet (PC / Tablet / Móbil)
  • Acceder á web Kahoot.it
  • Introducir o PIN: 01567069
  • Ingresar un nome de xogador
  • Comezar o cuestionario
Distribuir contido