try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Violencia de Xénero

Recursos para traballar a Prevención da Violencia de Xénero

Violencia machista

3 spots arxentinos sobre violencia dixital, de rúa e doméstica, para a sensibilización respecto aos comportamentos machistas, as curtas focalizan na responsabilidade dos homes a solución do problema.

 
Violencia Dixital Violencia na rúa Violencia doméstica

Feminismo

 

Curta didáctica sobre a evolución histórica do feminismo dende o seu comezo no século XVIII á actualidade.

Duración: 11´05"

Pepa e Pepe

Conferencia de Carmen Ruíz Repullo sobre violencia de xénero. Unha escaleira cíclica invisible para a vítima ata chegar á indefensión

Querido papá

"Querido papá" é unha curta de sensiblización sobre a violencia de xénero producida pola organizacion "Care Norway" no que unha nena anticipa, nunha mensaxe dirixida ao seu pai, as situacións que sofrirá como vítima da violencia machista ao longo da súa vida.

 

A orde das cousas

"El orden de las cosas" é unha curta dos irmáns César e José Esteban Alenda sobre a Violencia de xénero e a transmisión interxeneracional do maltrato. Nomeada á mellor curta de ficción nos "Goya 2011", o filme vai construindo dende un argumento sinxelo o drama que provoca a inercia dunha educación sexista que promove silenciosamente a violencia de xénero, descubrindonos un fundamentalismo agochado no mais profundo da “ética” occidental e que é ineludiblemente asumido en esterotipos por mulleres e homes.

Descargar Unidade Didáctica

 

 

 

 

 

EL ORDEN DE LAS COSAS

Distribuir contido