try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Educación Afectivo Sexual

Materiais para traballar en titoría e/ou transversalmente a educación afectivo sexual

Co gallo da celebración o vindeiro 28 de xuño do "Día do Orgullo" a CIGA publica "Dun Plumazo" unha proposta de Unidades Didácticas para traballar nas aulas de secundaria a diversidade sexual. Lembrando que como docentes non podemos perder de vistaa o cumprimento da Lei 2/2014 pola igualdade de trato e non discriminación da LGTBIQA+ en Galicia, na que se indica a necesidade de inclusión da diversidade como un contido no currículo escolar.

O Camiño RubíContidos web da pedagoga menstrual Erika Irusta. Esta muller comezou a investigar a menstruación e fixo unha páxina web, el camino rubí que axiña tivo moreas de fans querendo saber máis sobre todo o que Irusta explicaba. Todo empezou para ela cando se deu conta de que as mulleres só prestaban atención ao seu corpo cando quedaban embarazadas, pero non antes. "As mulleres non somos conscientes do noso ciclo hormonal e hai unha desconexión total no corpo da muller: entre o que pasa pescozo cara abaixo e o que pasa no seu cerebro".

 

 

SalvadosEnlace ao programa "Salvados" de Jordi Evole. Sexo. La mala educación.

Duración: 1 hora

"Pretty Boy" é unha curtametraxe do escritor e director Cameron Thrower que foi galardonada co premio de mellor película LGTB no 2017. Narra a historia dun rapaz cunha orientación sexual "disonante" respecto dos estereotipos sociofamiliares. Dunha iniciación planficiada cunha prostituta xurde un diálogo respecto a concepción da sexualidade, o determinismo asociado á orientación relixiosa... Moi bo. 

Vídeo didático sobre o concepto de diversidade sexual.

Duración: 7´20"

TrótulaNo ano 2012 Rosa Almirall, unha amiga xinecóloga, creou un espazo de divulgación médica para atender as patoloxías relacionadas co sistema reproductor feminino. O seu blogue "Trótula crítica" supuxo un sopro de aire fresco para as inquedanzas das mulleres, e mais dos homes, respecto a estes temas. Un proxecto feito con rigor e dun xeito altruísta que, no ano 2017, tivo que abandoar pola imposibilidade de compatibilizalo coa súa práctica profesional, unha morte por éxito que deixou unha pegada na web dun valor extraordinario. 
Aí vos queda

Distribuir contido