try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Educación Afectivo Sexual

Materiais para traballar en titoría e/ou transversalmente a educación afectivo sexual

Unidade didáctica para traballar a diversidade nas aulas de secundaria:

  • Facilitar que o alumnado reflexione sobre a diversidade das identidades.
  • Reflexionar sobre a discriminación e violación dos dereitos das persoas das minorías sexuais.
  • Fomentar unha actitude crítica cara as actitudes homolesbobitransfobas.
  • Celebrar a riqueza da diversidade.

Vídeo co procucto final do desenvolvemento do Programa "Quérote +" do Plan Proxecta 2018 do IES Lucus Augusti.

Ni ogros ni princesasGuía completa do Programa de Educación Afectivo Sexual "Ni ogros ni princesas". Está dirixido ao alumnado da ESO, no apartado de titoría están publicadas as unidades didácticas para cada curso e a Guía de Recursos con bibliografía e suxestións de cine para a aula relacionado co tema.

"Abrazar a Diversidade" é unha proposta para unha educación libre de acoso homofóbico e transfóbico. Acceso Guía Completa.

Recursos Didácticos por Etapas Educativas

 

 

 

Infeccións de Transmisión sexual

Acceso á páxina do Ministerio de Sanidade onde se atopan as follas informativas.

 

"Pubertet" é un programa sobre "Educación sexual" producido pola televisión de Noruega na que, utilizando modelos reais, ensina aos adolescentes as partes do corpo e as modificacións que se producen ao chegar a puberdade. Os contidos explícitos son obxecto de polémica cando mais nunha sociedade que abandonou hai anos a educación afectivo-sexual do currículo da escola. Deixo o enlace aos 8 capítulos subtitulados en castelá para quen queira facer uso deles.

Distribuir contido