try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

22 segundos

Un libro para traballar en titoría a Identidade de Xénero, mesmo facendo unha lectura colectiva e unha relfexión sobre como a costrución das nosas identidades pode colisionar cos presuízos sociais. 

Xa hai anos leín "Él amante lesbiano", unha novela-ensaio de José Luis Sampedro no que reflexionaba sobre a identidade de xénero. A predisposición social a patoloxizar ás persoas que no conflúen coa taxonomía única e bipolar de home vs muller baseándose na morfoloxía xenital ao nacer deixa fóra da "normalidade' unha chea de persoas que sofren a etiqueta de "distrofia" durante toda a súa vida. Unha exclusión social que desgarra os sentimentos dun xeito cruel e inadmisible con consecuencias dramáticas que en ocasións rematan co suicidio. Existen estudos antropolóxicos que amosan inequivocamente a multitude de variables que constrúen a identidade de xénero, a quen non o fixera lle recomendo a lectura de "Sexo e temperamento" de Margaret Mead para afondar no relativismo da construción dos roles de xénero. "22 segundos" é o tempo que tarda en subir á nube un vídeo coa declaración pública da súa identidade un home transexual, unha novela pensada para a sensibilización dos máis novos respecto á diversidade que debería ser de lectura obrigada nos centros de ensino. Un relato doado, inxenuo e curto no que Eva Mejuto despréndese da calidade literaria para abordar sen ambaxes a historia de Alex, un neno nado nun corpo de muller.

Enlace entrevista Eva Mejuto