try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

HatersCamapaña da asociación sen ánimo de lucro ACCEM financiada polo Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.

O obxectivo e o fomento da tolerancia na rede e a sensibilización respecto á difusión de mensaxes de odio de algúns usuarios (Haters)

Acceso a Save a Hater

 

 

Curta didáctica sobre a evolución histórica do feminismo dende o seu comezo no século XVIII á actualidade.

Duración: 11´05"

TrótulaNo ano 2012 Rosa Almirall, unha amiga xinecóloga, creou un espazo de divulgación médica para atender as patoloxías relacionadas co sistema reproductor feminino. O seu blogue "Trótula crítica" supuxo un sopro de aire fresco para as inquedanzas das mulleres, e mais dos homes, respecto a estes temas. Un proxecto feito con rigor e dun xeito altruísta que, no ano 2017, tivo que abandoar pola imposibilidade de compatibilizalo coa súa práctica profesional, unha morte por éxito que deixou unha pegada na web dun valor extraordinario. 
Aí vos queda

Boa miniconferencia de Marta Peirano sobre os "Big Data" en TEDx Madrid (2015). Unha achega para a reflexión sobre as consecuencias do control enmascarado que agocha o uso da rede.

 

 

Sissi Freire demostrou onte que non hai nada imposible, ante o alumnado do IES Lucus Augusti e do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Esta muller perdeu a visión fai poucos anos e mailo seu exitoso traballo, o que a sumiu nunha grave depresión, pero a colaboración cunha ONG na República Dominicana mudou a súa vida cando se fixo cargo da que é a súa filla adoptiva, Sofía, que tiña entón 11 meses e unha grave discapacidade. A burocracia no impediu que Sissí e Sofía pelexaran xuntas por saír adiante cada día, axudadas polos seus cans de asistencia. Estas charlas  enmarcanse dentro do Plan Proxecta da Xunta - Aulas I + I, de cara a sensibilizar á comunidade educativa sobre as persoas con diversidade funcional, que este ano organizaron os dous centros de maneira conxunta.

Vídeo co procucto final do desenvolvemento do Programa "Quérote +" do Plan Proxecta 2018 do IES Lucus Augusti.

Distribuir contido