try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

O silenzo de outrosTremendo documento sobre a nosa memoria histórica. Un traballo lonxitudinal realizado durante máis de 6 anos que pretende sensibilizar ás novas xeracións sobre o significado do "pacto de silencio" e o duelo non resolvido dos familiares das vítimas. Unha película sobre a arqueoloxía dun pasado moi recente que permanece sepulto. Moi recomendable.

Ligazón

O último barcoOito anos demorou Domingo Villar a terceira entrega das andainas do inspector Leo Caldas. "O último barco" son 800 páxinas de novela policial made in Galiza, unha "negra" de estrutura clásica que consegue manter a incertidume ata a derradeira liña. Gostara do debut con "Ollos de auga" e defraudome "A praia dos afogados" (sen mencionar a nefasta adaptación cinematográfica que fixeron dela) pero hai que recoñecer que este traballo, rumiando na pescuda dunha muller desaparecida en Moaña, está moi ben artellado. Lectura de entretenimento moi recomendable. 
Para os/as incondicionais de Villar, que se contan por milleiros, imprescindible.

DislexiaO trastorno disléxico é un dos faros que iluminan a insensatez do sistema educativo, unha "patoloxía" de etioloxía incerta que pode implicar unha multitude de procesos e microprocesos neurocognitivos complexos. Uns son específicos da propia habilidade lectora: perceptivos, de procesamento subléxico e de acceso ao léxico. Outros son máis xerais: madurativos, cognitivos e de acceso ao significado. En calquera dos casos parecen estar asociados a un modelo de procesamento que confronta coa pretendida homoxeneidade na adquisición da lectura que se atopa instalada no sistema de ensinanza. Cando se detecta un trastorno lector asóciase con dificultades ao inicio da aprendizaxe da lectura e da escritura, sen causa aparente que as xustifique, pois o/a alumno/a conta cunha instrución convencional, unha intelixencia axeitada, oportunidades socio-culturais e ausencia de alteracións orgánico-sensoriais. Pese a estas evidencias existe unha resistencia a aceptar a diversidade de xeito que a maior parte do alumnado que "sofre" esta "disfunción" vese condenado ao fracaso escolar, xa que a lectura é a ferramenta indiscutible para adquisición de coñecemento. Unha aberración excluínte que rexeita as posibilidades de progreso no proceso de ensinanza-aprendizaxe de persoas dunha capacidade intelectual incuestionable, e que as condena a padecer os efectos colaterais asociados ao sentimento de fracaso, baixa autoestima, ansiedade, etc. 
As solucións pasan por afrontar este déficit con alternativas de atención educativa que empreguen outras metodoloxías: prolongación de tempos, utlización de canles de comunicación alternativos que faciliten o acceso á información, etc.
Hoxe atopei un texto (non sei se é un fake) dunha nena de 10 anos diagnosticada con "trastorno disléxico" que induce á reflexión: Se cadra o noso indiscutible sistema de procesar é unha "patoloxía" que nos impide entender a riqueza que se agocha detrás da realidade.
“Son estúpida
Naide diría nunca que
Teño talento para as palabras
Supónse que vou a ser grande
Eso é un erro
Son un fallo
Naide poderá convencerme para que pense que
Podo lograr algo na vida"

Agora leedeo de abaixo cara arriba.

A UNESCO, no 2017, presentou o informe sobre Cracking the Code: Educación de nenas e mulleres en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM); no que as mulleres participan en disciplinas de ciencia e tecnoloxía, os factores que impiden ou facilitan o logro e a evolución, así como as medidas que as nenas poden promover nos seus estudos. Segundo o informe, moitas nenas toman a decisión de non realizar estes estudos como resultado da súa autoestima como resultado das súas situacións sociais. Ao elixir unha carreira, as nenas poden ser transmitidas consciente ou inconscientemente por estereotipos, principalmente aqueles transmitidos na contorna familiar, pero tamén transmitidos en contextos sociais máis amplos.

Co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e nenas, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. A Cátedra de Cultura Científica da UPV/ EHU veuse sumando a esta celebración mediante a produción e difusión de vídeos e este 2019 puxo o foco, usando o humor como ferramenta, na gran diferenza que hai entre mozos e mozas no acceso a carreiras de enxeñería e na incidencia dos estereotipos nesa brecha.

Ligazón

Esta curta contou coa colaboración de Iberdrola e foi producido por K2000 e dirixido por Aitor Gutiérrez, sobre un guion de José A. Pérez Ledo.

 

CuéntaloEn abril do 2018, despois de facerse pública a sentenza do xuízo da "manada", a xornalista Cristina Fallarás lanzou a iniciativa "#cuéntalo", un hashtag contra a violencia de xénero que pretendía visibilizar a través dos testimonios de mulleres vítimas de maltrato unha dramática realidade agochada tralo silenzo. Durante 14 días mais de 800.000 mulleres denunciaron na rede as violacións, acosos e agresións ás que foran sometidas.

Unha vez realizado o traballo de campo solicitaron a colaboración do Centro de Supercomputación de Barcelona para manexar os 13 gigabytes de información, con mais de 2 millons de tuits que encherían 100 libros, de xeito que poideran converterse nun esquema sinxelo que achegara información respecto á situación da violencia de xénero sen perder cada historia individual e non sepultar os relatos persoais con cifras e estadísticas. O proceso para a construción do algoritmo a través dunha rede neuronal realizada a man foi complexo e rematou nunha páxina web impactante.

Unha colaboración entre periodismo social e tecnoloxía impresionante.

Ver web #Cuéntalo

Para saber máis Blogue #Cuéntalo 

 

Distribuir contido