try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

Retrete CabareteOs artistazos de "Retrete Cabarete" estarán no local de "Ítaca" (Doutor Gasalla 18 baixo) o día 19 (ás18:30) e o 20 (ás 12:30 e ás 17h). Se non os vistes en directo, esta é a ocasión! Ademais, o sábado ás 16h e o domingo ás 10h impartirán un obradoiro sobre manipulación de globos.

 

 

trailer cabarete (GALEGO) from elretretededoriangray on Vimeo.

A literatura é camaleónica, prégase as necesidades do lector para ir enchendo os furados que agochan os seus sentimentos, vai mudando obxectivos e relativiza a percepción atendendo a demanda das nosas emocións . Na proxección da curta de Rubén Riós produciuse un fenómeno de transmutación excepcional coa elección do tema “No lo sabes” de Fredi Leis, unha fermosísima canción de amor que muda a mensaxe para impregnarse coa trama do filme dun xeito tan perfecto que parece imposible que non nacera para converterse na banda sonora de “Vida”. Unha beleza cando menos con dúas caras, se é que non hai outras lecturas agochadas, que resulta emocionalmente demoledora.

 

Sesión 4 II do Proxecto Aulas I + I: Autoestima / Desexos.

"Naturais" é unah curtametraxe de David Ulloa que reivindica a ambigüedade do deterioro cognittivo. Propóñovos xogar a "atopar a Wally", entre as persoaxes do filme atópase umha persoa moi próxima a vós. Si vos rendides podedes ver o "making of

 

Curta de animación sobre a "Símdrome de Asperger". Nun pequeno relato define ao tempo que desmitifica esta "patoloxía". Unha reflexión sobre as "PDF" excelente. A curta é un fragmento que pertence á película "Mary and Max" de Adam Elliot que narra a amizade por correspondencia entre Mary, unha nena de 8 años australiana, e Max, un home con síndrome de Asperger que vive en NY.

 

VidaXornada intensa coa presenza de Rubén Riós (un home que de non existir teríamos que inventalo) e Mónica Ferreiro. O Director é unha das protagonistas da curtametraxe "Vida" é o documental "Máis ca vida". Un espectáculo para máis de 200 alumnos e alumnas do IES Lucus Augusti que se achegaron á inclusión e igualdade a través da linguaxe cinematográfica. Unha mágoa a ausencia das familias e profesado que ningunearon dun xeito vergoñante unha actividade recoñecida pola USC como unha experiencia maxistral de intervención pedagóxica que dará moito que falar a nivel nacional pola excelencia do seu traballo. Estou simultaneamente satisfeito e doído pola experiencia, non puiden imaxinar que dunha poboación diana potencial de máis de 800 persoas só acudisen 30. Hai tanto que mudar no ensino que che queda unha mistura de desacougo e frustración arrepiantes. Grazas a todas as persoas que contrbuístes a facer unha xornada de prestidixitación educativa. 

https://youtu.be/SrSO0JAIVI0

https://youtu.be/tzX9n_3qbkw

Distribuir contido