try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

Esto das redes sociais ten a súa miga. Están deseñadas para comunicar... pero que? Cada un, cos límites de pulcritude e intimidade impostos, vai proporcionando pequenas doses de información persoal, das súas preferencias, dos seus intereses... Unha amalgama de datos que constrúen unha identidade ficticia coa que "o teu público" te identifíca. Algúns intentan baleirar de contido político as súas achegas, outros ofrecennos unha imaxe que produza unha percepción positiva da súa "empresa", outros asómanse á fiestra dun barrio imaxinario e observan... Pero o resultado é a construción dun novo rol virtual, con certas similitudes coas nosas vidas reais pero virtual, así que de súpeto non só "face" senón a túa propia contorna xa desenvolveu a trazabilidade dos teus datos, obsérvante dun modo diferente, descobren información subliminal, analizan cirúrxicamente as túas achegas... A consecuencia é unha resposta global ao teu novo rol que sen darte conta devorou a túa vida.

 

Respectarte

Aulas I + I é un programa do Plan Proxecta para traballar a Inclusividade e a Igualdade no ámbito do ensino. No presente ano académico 2017/18 o IES Lucus Augusti xunto ao IES NSOG estamos a desenvolver actividades conxuntas no eido da inclusión entre as que se atopa o taller de teatro "Respectarte", no que participan alumnas e alumnos dos dous centros, coa finalidade de crear un producto que permeta sensibilizar á comunidade educativa respecto á promoción da atención ás persoas con diversidade funcional. 

Colabora: Maisqueteatro / Facebook  e Fundación Tadega

 

 

 

Ari 1"Ari" Unha curtametraxe de Alex Murawski. A historia de Ari (que significa "ser" en xaponés) un neno, con sobrepeso e introvertido, que quere participar no grupo de iguais, impulsado polos seus sentimentos cara a compañeira de clase Jess, tenta baixar de peso e facerse máis franco nun esforzo por conectarse cos demais. Pero isto só o leva a unha maior dor, unha maior soedade e tristura, ao realizar a súa procura inútil e humillante de converterse noutra persoa, Ari fai unha declaración pública de auto-aceptación e descobre que o seu xeito de ser ten un valor sorprendente.

 

"Ser un neno non é doado, sélo sendo tí mesmo é moito máis difícil. Ante a humillación o protagoniosta atopa a coraxe e a auto-aceptación do xeito máis insospeitado". 

 

 O Flipped Classroom (aula invertida) é unha metodoloxía didáctica asentada nas teorías de Vygotsky respecto aos modelos da aprendizaxe social e ao constructivismo Piagetiano. Os fundamentos da “clase inversa” contemplan a educación dun xeito que supón unha simetría antagónica  respecto aos procedementos que se están a desenvolver comunmente nos centros de ensino. A maior parte do alumnado adica un importante espazo do seu traballo extraescolar á consolidación dos aspectos académicos que lle ofrece o profesorado na aula, ben sexa a través dun traballo individual ou coa axuda da familia e/ou academias que consolidan estas aprendizaxes e resolven as dúbidas derivadas da asimilación de contidos, unha situación que xera un desfase competencial respecto ás posibilidades socioeconómicas do alumnado. Mediante este enfoque revértese o proceso de ensinanza-aprendizaxe para que sexa a dinámica da aula a favorecedora da consolidación dos coñecementos, a reflexión proactiva e  a colaboración a través da participación grupal para enriquecer as aprendizaxes. O modelo tradicional de transmisión de coñecemento, no que un especialista imparte leccións maxistrais, está asentado nunhas premisas obsoletas respecto ao acceso a cultura e minimiza a riqueza que supón na actualidade dispor da biblioteca de Alexandría no sillón da túa casa, entendo que non é posible perpetuar unha educación arcaica e descontextualizada no marco dunha sociedade que funciona a un ritmo tecnolóxico ao que os docentes non podemos permanecer cegos asumindo a ineficacia do sistema educativo sen mostrar intención de cambio.      

Conferencia maxistral de Ken Robinson reivindicando a creatividade como ferramenta indispensabel do proceso educacional, e un video clip no que se traduce en imaxes o seu discurso respecto das patoloxías asociadas aos actuais modelos paradigmáticos dos sistemas educativos, algunhas apreciacións son cuestionabels, pero en termos xerais tanto o contido como a forma son brillantes.

 

+ de 200 Recursos Dixitais para utlizar na aula. 

Distribuir contido