try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

mudar o contoOs contos son transmisores da cultura, agochan o sentido da ética e da moral e provocan pensamentos automáticos que contribúen a asentaren atitudes dunha xeración a outra. Moitos dos estereotipos son inoculados a través de relatos e filmes infantís cunha falsa apariencia de inocuidade. O video forma parte dunha experiencia con rapaces e rapazas, nunha campaña de sensibilización respecto á violencia machista, desenvolvida pola organización "Little Revolutions" que pretende amosar como a historia da "Carapuchiña Vermella" é un caso evidente de agresión sexual naturalizada nun conto universal e aparentemente inocente, de xeito que se está a perpetuar de forma continuada un abuso que é normalizado e interiorizado polos mais novos.

Nova sesión do obradoiro de teatro do Proxecto Aulas I + I: "O valor das palabras", vai collendo forma a representación. Unha experiencia extraordinaria.

"Éranse unha vez palabras que se cravaban como agullas, que doían ó saír e mancaban ó chegar. Facían que as persoas parecesen pequenas e sen valor. Ocupábano todo e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos escritos. Éranse unha vez palabras que destruían, que excluían. Pero bastaba só con mirarse ós ollos para que brotaran palabras fermosas  que voaban e debuxaban novos sorrisos,  e bruaban nas mentes, no aire e mesmo nos xornais.Éranse unha vez palabras fermosas que sabían facer sentir ben. Facían que as persoas se sentisen valoradas e contaban historias que enchían de folgos. Éranse unha vez palabras fermosas que agarimaban, que incluían."

Un relato visual de danza contemporánea excepcional. "Slip" é unha microhistoria dunha relación de complicidade, amor, protección, abandono... desenvolvida nunha estación de metro que semella a metáfora dun tempo que non pode permanecer.

Danzan: Phillip Chbeeb e Renee Kester

Música: Elliot Moss    

Dentro das actividades do Programa Aulas I + I do Plan Proxecta pretendemos realizar unha sondaxe do contexto educativo en relación á Inclusión e a Igualdade no marco do noso instituto. O cuestionario é anónimo e ten como finalidade provocar unha reflexión respecto á percepción da comunidade educativa en temas vencellados á atención á diversidade. A enquisa pode ser respostada polo profesorado, alumnado, familias e persoal non docente. Quedará aberta a opción de consultar os datos.  

Preto do 70% das pescudas que se realizan na rede fanse a través de Google, case o 20% restante acaparaas o buscador de microsoft Bing, aínda que existen outras alternativas, algunha delas con importantes funcionalidades como "Duckduckgo", que traballa na procura de preservar a intimidade dos usuarios e resulta moi eficaz para evitar a trazabilidade dos nosos movementos na rede. Sei que Google nos ten capturados e que non é doado prescindir de esta ferramenta así que deixovos alguns "trucos" para optimizar as buscas.

Quen teña interese tamén pode ensaiar cos metabuscadores “buscadores de buscadores”. Esto significa que os seus filtros non se concentran no rastreo de información na rede, van a recollela directamente aos buscadores, algúns deles moi específicos.

Comandos Google

Nova sesión do obradoiro de teatro para traballar expresividade.

 

Distribuir contido