try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

Trala representación da obra "Etiquetas" os protagonistas organizaron unha charla informativa explicando o desenvolvemento do proxecto e respostando as preguntas do público. Unha idea que xurdiu por iniciativa do alumnado e que contribúe a consolidar o manifesto fronte a igualdade e a inclusión nos centros de ensino. Un remate dialóxico para un proxecto inesquecible. Moitísimas grazas a tod@s.

O alumnado de 1º ESO do IES Lucus Augusti de Lugo realizou unha saída á serra do Courel, organizada polo departamento de Bioloxía e xeoloxía. A pesar da choiva, puideron observar a mina de ouro da Toca, explotada polos romanos, e descenderon pola Devesa da Rogueira ata a aula de natureza de Moreda, para coñecer un dos mellores bosques de España pola súa diversidade botánica . Tamén visitaron Seceda, o pobo declarado BIC, na categoría de lugar de interese etnográfico e, xa de regreso, a igrexa románica de mármore branco de Hospital de Incio.

"Etiquetas" No teatro conflúen a maior parte das destrezas que a escola considera instrumentais, aquelas que axudan a proporcionar ao alumnado un andamiaxe para ir dando estrutura e conformando a adquisición de coñecemento: a comprensión, a lectura, a capacidade de expresión, a memoria, o traballo grupal, a creatividade, a música... Este ano decidimos engadir a través da cooperación entre os institutos "Lucus Augusti" e "Nosa señora dos Ollos Grandes" e a Fundación "Tadega" , un valor máis á grandeza das artes escénicas, o compromiso pola integración e a igualdade. Non é doado converter unha idea nun texto, nin ese texto nunha representación coral, nin artellalo cunha banda sonora que envolva a obra nun ambiente impactante... Máis o que resulta absolutamente sorprendente é que un grupo de rapaces e rapazas de 1º , 2º e 4º da ESO foran quen de darnos unha lección de compromiso, de facer explícita a forza que posúen e amosar que eles e elas son os auténticos protagonistas do proceso de ensinanza-aprendizaxe. "Maisqueteatro" foi unha experiencia máxica, 8 sesións de ilusionismo misturando psicodrama, expresión de emocións, terapia grupal, educación en valores... Un luxo dun valor pedagóxico incalculable que deixou unha pegada sensitiva imborrable. "Etiquetas" será, como escribe Galeano, para "RECORDAR: Del latín re-cordis, volver a pasar por el corazón".

 

Función no IES Lucus Augusti

 

Función no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes

Ás veces algunhas actividades ocupan un espazo de tempo lectivo ridículo respecto da carga educativa que proporcionan, en menos de dúas horas, Javier Pitillas e mais os homes e mulleres de Discamino, inocularon unha sobredose de educación emocional excepcional. Dende unha perspectiva socioeducativa a escola debe proporcionar ferramentas para a inclusión e a igualdade, medrar na conciencia do compromiso social do ensino como ferramenta de cambio e contribuír á sensibilización da nosa comunidade para acadar obxectivos solidarios e altruístas, aí reside a verdadeira "excelencia" académica. Javier Pitillas fai lembrar a cita de Beltrol Brech "Hai homes que loitan un día e son bós. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hainos que loitan moitos anos, e son moi bós. Pero hainos que loitan toda a vida, eses son os imprescindibles". Moitas grazas.

Conferencia de Carmen Ruíz Repullo sobre violencia de xénero. Unha escaleira cíclica invisible para a vítima ata chegar á indefensión

"COGS" (Engranaxes) é unha curta que amosa a inercia do sistema que exclúe e inclúe de xeito predeterminado ás persoas. Unha metáfora da estructura social que dende a infancia favorece e discrimina cunha mensaxe final optimista das posibilidades de cambio.

A curtametraxe foi dirixida por Lauren Witz para a asociación AIME (unha ponte entre a Universidade e a escola secundaria).
Nesa ponte, hai dous carrís. Un de estudantes universitarios que fan o camiñoo ás escolas secundarias para ofrecer titoría gratuita.
En outro carril, dos autobuses escolares que viajxn aos campus universitarios cheos de estudantes de secundaria de 12-18 anos de idad que, ao chegar participan en talleres de tutoría.

Distribuir contido