try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
IES Lucus Augusti

Blogue

Miscelánea- Lecturas, curtas, música, artículos

Cápsulad de Paz

"Cápsulas de Paz" é unha iniciativa do Instituto Catalán para a Paz que pretende mostrar a diversidade de visións e expectativas que se proxectan sobre a palabra "Paz". Os matices que van aportando diferentes persoas de todo o mundo complementanse entre sí para configurar unha idea de paz completa e desexable.

Na páxina web atopanse as video cápsulas e materiais educativos que permenten traballar na aula. Idioma: Catalán

Sementado Igualdade

 

O Concello de Lugo, a través da Área de Cohesión Social, ven de presentar co gallo do "Día Internacional da Muller 2021" o libro "Sementamos Igualdade". 

Dirixido aos ámbitos familiar, educativo, institucional e da contorna social, recolle información respecto ao concepto de igualdade e ofrece microguías para fomentar a linguaxe igualitaria, recoñecer os mitos do amor romántico, e os síntomas dunha relación perigosa. 

 

Non máis Matildas

 

O “Efecto Matilda” é un prexuizo en contra do recoñecemento dos logros das mulleres científicas”

#No more Matildas” é unha forma de poñer de manifesto as trabas ás que se viñeron enfrontando as mulleres que quixeron entender o mundo no que se atopaban dedicándose á ciencia. Podemos afirmar con case total seguridade que estes grandes descubrimentos para a humanidade só puideron desenvolverse porque estes científicos foron homes,  esta brecha de xénero segue existindo hoxe, aínda que esteamos nunha situación indiscutiblemente mellor.

Descargar Libros

 

Ligazón aos Recursos "De maior quero ser científica"

O vindeiro martes 14 de xaneiro ás 19:00, en colaboración co Club de Letras do IES, a asociación Stop Desafiuzamentos Lugo organiza unha charla informativa e de sensibilización coa problemática que afecta á vivenda na provincia de Lugo. Contaremos na palestra coas voces de profesionais de recoñecida labor como Santiago Fernández Rocha, Isabel Cancela e Mina Galván.

Concurso Letras nas Ondas

Co gallo de contar no centro coas "Maletas de Igualdade" convócase o I Concurso Letras Nas Ondas, o obxectivo é achegar a literatura á radio, vos propoñemos o deseño dun miniprograma (2 a 5 minutos) en formato podcast baseado nun texto de calquera dos libros da sección de igualdade da biblioteca ou das maletas.

Data límite de entrega 16 de marzo de 2020

Bases

Universia

 

Portal das universidades españolas e latinoamericanas. Toda a información e servizos universitarios como bolsas, cursos, carreiras, novas, bibliotecas, ...

Distribuir contido