RESERVA alumnado CUALE

RESERVA PARA O PROGRAMA CUALE 2020/2021

 

Ábrese o prazo de reserva para matricularse no programa CUALE para o curso 2020/2021. Para facer a reserva hai que cubrir o impreso correspondente (pulse aquí para descargarlo) y entregarlo na secretaría do centro, ou tamén pode ser enviado por correo electrónico á dirección ies.lama.quendas@edu.xunta.es.

 

O prazo está aberto ata o 19 de xuño.

 

As modalidades de matrícula son as seguintes:

 

a) CUALE A1: poderá cursar esta modalidade o alumnado que teña superadas todas as materias do segundo curso de educación secundaria obrigatoria, e que estea matriculado no terceiro curso no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos.

 

b) CUALE A2: poderá cursar esta modalidade o alumnado que teña superadas todas as materias do terceiro curso de educación secundaria obrigatoria, e que estea matriculado no cuarto curso no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar esta modalidade o alumnado matriculado en ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio, matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos.

 

c) CUALE B1: poderá cursar esta modalidade o alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de formación profesional específica de grao medio e de grao superior que estea matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar o CUALE B1 o alumnado que posúa o certificado do nivel básico das escolas oficiais de idiomas (EEOOII) ou, se é o caso, outros certificados de nivel A2 do MCERL expedidos por entidades de recoñecido prestixio, segundo o disposto na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas (DOG do 26 de abril).

 

 

d) CUALE B2: poderá cursar esta modalidade o alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de formación profesional específica de grao superior e que estea matriculado no centro que imparte a devandita modalidade ou noutros centros educativos sostidos con fondos públicos. Así mesmo, poderá cursar o CUALE B2 o alumnado que posúa o certificado do nivel intermedio das EEOOII ou, se é o caso, outros certificados de nivel B1 do MCERL expedidos por entidades de recoñecido prestixio segundo o que dispoña a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.