Noticias

Alumna do IES Lama das Quendas acada a mellor nota de acceso á Universidade na súa titulación.

Unha alumna do I.E.S. Lama das Quendas de Chantada obten o “Premio de excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión nos graos do curso 2021/2022”.

O profesorado do I.E.S. Lama das Quendas recibiu onte, día 10 de marzo de 2022, a felicitación e un diploma acreditativo por parte da Universidade de Coruña, por ser o centro onde, durante o curso 2020/2021, cursou segundo curso de bacharelato a alumna Mariana Díaz Vázquez. 

Esta alumna recibiu o “Premio de excelencia da Universidade da Coruña á mellor nota de admisión nos graos do curso 2021/2022”. En concreto, foi a mellor nota de admisión no “Grao de Bioloxía”. 

Este premios teñen como obxecto recoñecer o esforzo e a dedicación do alumnado procedente de Bacharelato que alcanzou uns resultados académicos excelentes nos estudos previos ao acceso á Universidade, e que teña a mellor nota de admisión en calquera das titulacións oficiais de Grao ou Programas de Simultaneidade de Grao, que se imparten nos centros propios da Universidade da Coruña.

 

 

Novos premios extraordinarios para estudiantes do IES Lama das Quendas