CONVOCATORIA CONSELLO ESCOLAR ORDINARIO
Convócase Consello Escolar Ordinario na aula multimedia do centro para o martes, día 30 de xaneiro de 2018, ás 16:15 horas, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Avaliación dos gastos de funcionamento do centro do ano 2017.
3.- Avaliación do orzamento para o ano 2018.
4.- Avaliación dos resultados académicos na ESO e no Bacharelato durante o curso 2016/2017.
5.- Aprobación ou modificación, se procede, de novas actividades complementarias e extraescolares para o curso 2017/2018.
6.- Información dos proxectos de dinamización do centro.
7.- Rogos e preguntas.
Chantada, 22 de xaneiro de 2018.
O DIRECTOR
Javier Conde Vázquez