ACTIVIDADE DA BIBLIOTECA ALOIA: MOCHILAS TEMÁTICAS DE NADAL

O equipo da Biblioteca Aloia preparou unhas mochilas cheas de libros marabillosos e lecturas moi atractivas para gozar con elas no Nadal. Na seguinte ligazón tedes  toda a informa sobre esta actividade.

http://bibliotecaaloia.blogspot.com/2023/12/mochilas-tematicas.html

Festival de Nadal 2023

Xa está aquí o Nadal e o último día de clase imos celebralo cun concurso. Premede na imaxe para consultar as bases e animádevos a participar que hai premio!

"A pouca fortuna", poema en conmemoración do 25N

O poema "A pouca fortuna" foi escrito polo alumnado de 4º PDC para participar con el no concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais convocado pola Secretaría xeral de igualdade e a Dirección xeral de ordenación e innovación educativa co motivo da conmemoración do 25N.  Se queres ver o video, prema na imaxe: 

APROVEITAMENTO DAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO

Alumnado de Ciclos, Comercio e Electricidade asistiron con aproveitamento ao curso formativo intensivo que Modesto Gómez, referente nacional como formador de cursos de marketing, habilidades socio - directivas, xestión de talento e desenvolvemento estratéxico, impartiu a pasada semana dentro das Xornadas de Emprendemento que se celebraron no IES Indalecio Pérez Tizón. Cun carácter eminentemente práctico o alumnado presentou as súas propostas e proxectos, que cos consellos e pulo do relator foron avanzando desde a idea orixinaria cara a fórmula de negocio. 

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL E CONSUMO DE PORNOGRAFÍA

A Sede Afundación de Santiago de Compostela acollerá o próximo martes 12 de decembro  a intervención de  JOSÉ LUIS GARCÍA, sobre Educación sexual e consumo de pornografía que se emitirá tamén no canal Afundación TV ás 19:00 e que está específicamente orientada a profesorado e familias. José Luis García é doutor en Psicoloxía e especialista en sexoloxía, experto en condutas aditivas asociadas ao consumo de pornografía en menores. Podedes reservar a asistencia online á charla premendo AQUI
 
 
 
 

XORNADAS DE EMPRENDEMENTO NO IES

Os días 23 e 24 de novembro terán lugar no salón de actos as Xornadas de emprendemento. Prema na imaxe para ver o programa.

SCHOOL TRIP TO LONDON (MARCH 17-20) 4ºESO

SCHOOL TRIP TO LONDON

MARCH 17th-20th

4ºESO

 

 

PROGRAMAS EDUCATIVOS DO PLAN PROXECTA PARA O CURSO 2023-2024

Foi publicada a resolución definitiva coa relación de centros con programas seleccionados dentro do Plan Proxecta+. De acordo con esta resolución, neste curso desenvolveranse no IES Indalecio Pérez Tizón tres programas educativos Proxecta+: Nutriescolas (Saúde e benestar), Donas de si (Igualdade) e Proxecto ríos (Medio ambiente/sostibilidade).

Consulta a convocatoria e a resolución premendo nesta LIGAZÓN

PROPOSTA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES (25N 2023)

Nesta LIGAZÓN tedes unha proposta de actividades para a conmemoración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. 


CALENDARIO DE EXAMES DE MATERIAS PENDENTES CURSO 2023-2024

Publicado o calendario coas datas dos exames da primeit¡ra avaliación das materias pendentes da ESO, do Bacharelato e de FP Básica.

 

Distribuir contido