Resolución da selección de alumnado que participará no Erasmus + Depo 2019
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 12/04/2020 - 13:16Resolución da convocatoria de dúas mobilidades PRACTICUM DEPO 2019
Trala finalización de presentación de solicitudes a esta convocatoria, se seleccionou a un alumno que foi o único que se presentou, e polo tanto, o único candidato:
- Omar Ghanim El Hariri
Visita da Asociación Transmiño
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 12/03/2020 - 10:39Ao longo do mes de novembro o noso alumnado da ESO estivo a partipar nuns talleres sobre igualdade e LGTBI desenvolvidos pola asociación Transmiño.
Queremos agradecer á asociación e aos relatores o seu traballo e boa disposición de cara o noso alumnado. Estades convidados a volver cando queirades:
Selección de alumnado que participará no Erasmus + Practicum Depo
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 11/30/2020 - 09:51Infórmase de que o martes, 1 de decembro de 2020, entre as 12:45 e as 13:35, procederase a realizar a selección de alumnado beneficiario da beca Erasmus + Practicum Depo.
O IES Indalecio Pérez Tizón súmase á iniciativa do concello para loitar contra a violencia de xénero
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 11/26/2020 - 12:12O noso centro sumouse á iniciativa do concello de Tui para loitar contra a violencia de xénero. A nosa aportación atópase na seguinte ligazón: http://www.tui.gal/gl/novas/o-ies-indalecio-perez-tizon-sumase-ao-25n-co...
Suxestións de lecturas a favor da Igualdade
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 11/26/2020 - 09:15O equipo de Biblioteca elaborou esta interesantísima guía de lecturas que tratan sobre a igualdade e a violencia de xénero, que se poden pedir en préstamo. Moitas grazas polo seu traballo:
Curtametraxe: El sorteo
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 11/24/2020 - 09:35Atención a esta curtametraxe realizada polo alumnado de 4º ESO da materia Iniciativa á Actividade Emprendedora e Empresarial do IES Valle del Arlanza. O film axudaravos a reflexionar sobre a necesidade de cumprir as medidas sanitarias do protocolo COVID, dentro e, sobre todo, fóra do centro. O video faravos ver que estas medidas son imprescindibles para garantir non só a vosa saúde, senon a de todos os demais. Dende o IES Indalecio Pérez Tizón queremos felicitar e dar a noraboa a este alumnado polo estupendo traballo realizado:
Convocatoria de dúas prazas de Erasmus+ DEPO 2020
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 11/23/2020 - 08:55Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2020.
- Número de prazas:
Ofértanse dúas mobilidades
- Destinatarios:
Estas prazas son para alumnado de CM que titule neste instituto no ano 2020
- Presentación de solicitudes:
As persoas solicitantes enviarán unha solicitude e unha carta de motivación ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu
O prazo de presentación de solicitudes será do día 20 ao 30 de novembro.
SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN |
Catálogo de películas da nosa Biblioteca
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 11/12/2020 - 10:03Xa se pode consultar na Aula Virtual (categoría: Biblioteca; curso: "usuarios") e no blog da Biblioteca Aloia o catálogo de películas en préstamo da Biblioteca:
Comunicado para toda a comunidade escolar
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 11/09/2020 - 18:31Estimada comunidade educativa:
Dende o equipo directivo do IES Indalecio Pérez Tizón lamentamos enormemente a publicación, onte domingo 8 de novembro, dun artigo de prensa, no que se recolle un bulo publicado nas redes sociais e que terxiversa uns feitos acaecidos neste IES. Dar credibilidade e facerse eco de falsas noticias que corren polas redes sociais é un erro que todos podemos cometer, pero a profesionalidade xornalística, esixe que antes de publicar un artigo, se deben contrastar as fontes de información, coa finalidade de acadar unha veracidade obxectiva.
Puntualizamos que en ningún momento se lle recriminou a ningún alumno deste centro a vestimenta por razóns de xénero e, moito menos, que se lle puxese ningunha falta de conduta nin se ameazase cunha expulsión por tal motivo. A inexactitude no relato dos feitos descritos neste artigo e o xeito no que se desvirtúa a realidade do acaecido, atenta tanto contra a dignidade deste equipo directivo, como contra a de toda a comunidade educativa deste IES.
Desafortunadamente, deformar situacións que se poden dar a diario nun centro educativo, onde é habitual reprender condutas que nada teñen que ver co relatado neste artigo, embaza e desmerece o traballo dun colectivo que neste momento está sendo obxecto dunha difamación. Artigos como este, lonxe de fomentar valores como a convivencia, a igualdade, o respecto e a responsabilidade individual e colectiva, que é o que tratamos de trasladar ao noso alumnado e ofrecerlles de exemplo, acrecentan odios e enfrontamentos que non representan en absoluto os valores defendidos e practicados por este centro.
O equipo directivo.
Tui, 9 de novembro de 2020
Concurso de relatos de terror Edgar Allan Poe
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 10/28/2020 - 11:55Xa están publicadas as bases do concurso de relatos de terror Edgar Allan Poe que dende hai uns anos a Biblioteca convoca para celebrar o Samaín. Se queredes participar, lede con atención as bases da convocatoria que están no blog da biblioteca, ao que podedes acceder dende a ligazón que figura á dereita da páxina ou directamente en bibliotecaaloia.blogspot.com.
Animádevos e partipade no certame!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
