Titorías

Calendario escolar 2020-2021

CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021

Lembramos que este ano as vacacións de Semana Santa serán as mesmas que no resto de Galicia.

Probables datas de avaliacións:

1ª Avaliación:

  • 10 de decembro: 2º Bacharelato
  • 14-21 de decembro: ESO, 1º Bacharelato, Ciclos.

2ª Avaliación

  • 8 de marzo: 2º Bacharelato
  • 15-26 de marzo: ESO, 1º Bacharelato, Ciclos

3ª Avaliación:

  • 24 de maio: 2º Bacharelato e Pendentes
  • 1-4 de xuño: avaliación de ciclos
  • 22-25 de xuño: ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclos.
  • 22 de xuño: avaliación extraordinaria de 2º Bacharelato e 2º Ciclos.

 

Procedemento para solicitar unha cita co titor/a.

Solicitar unha cita co titor/a ou cotitor/a pódese facer de varios xeitos:

  1. A través do propio alumno/a, quen lle comunica oralmente ao titor/a ou cotitor/a o desexo dos seus pais, nais ou titores/as legais de manter unha entrevista co titor/a do alumno/a. O titor/a proporallle ao alumno/a unha data e hora posible para facer a entrevista, e que o pai/nai/titor/a legal do alumno/a deberá confirmar: tamén a través do alumno/a, ou ben chamando ao instituto.

  2. Chamar por teléfono ao instituto e indicar que se desexa pedir cita de titoría. En conserxería tomarase nota do nome do pai/nai/titor/a legal do alumno/a e pedirase un número de teléfono. O aviso será entregado ao titor/a, que devolverá a chamada coa máxima celeridade posible e concertará co interesado/a unha cita titorial.

As citas titoriais serven, fundamentalmente, para saber a evolución académica dun alumno/a. Son moi importantes, e por iso no centro se procura que haxa titor/a e cotitor/a, de modo que non haxa problemas á hora de atender ás numerosas familias. Isto implica que a maioría do profesorado ten asignada unha titoría ou cotitoría, polo que a súa hora de atención a pais/nais soe estar ocupada con entrevistas titoriais. Así que pregámoslles que eviten solicitar entrevistas co profesor/a dunha materia: é o titor/a quen informa da marcha académica dos alumnos/as e quen explica nestas entrevistas o que sucede cunha materia en concreto. Soamente nos casos nos que as explicacións que da un titor/a lles parezan insuficientes poden pedir unha cita co profesor/a da asignatura. Do contrario, colapsamos as horas asignadas á semana a cada titor/a con asuntos non titoriais.

Este curso académico, debido á singular situación propiciada pola COVID, as entrevistas entre as familias e os correspondentes titores/as faranse vía telemática (videoconferencia ou correo electrónico), ou vía telefónica. Poderán ser presenciais no centro en casos moi excepcionais. Por iso é moi importante que dean a coñecer o seu enderezo electrónico ao titor/a que lles corresponda na primeira semana de clase.

Titorías de FP Básica e Ciclos. Curso 2020 - 2021

TITORÍAS 

FP BÁSICA E CICLOS FORMATIVOS

CURSO 2020-2021

 

GRUPO TITOR/A HORA DE ATENCIÓN
1º FP BÁSICA Rocío Ferreiro Venres, 9:45 a 10:35
2º FP BÁSICA Carlos Barberena Luns, 9:45 a 10:35
1º C. MEDIO DE COMERCIO Mª Dolores Rouco Luns, 17:20 a 18:10
2º C. MEDIO DE COMERCIO Beatriz Fernández Venres, 12:45 a 13:35
1º C. MEDIO DE ELECTRICIDADE Raquel Pereira Venres, 10:35 a 11:25
2º C. MEDIO DE ELECTRICIDADE J. C. Araújo Venres, 10:35 a 11:25
1º C. SUPERIOR DE COMERCIO Pilar Fandiño Venres, 11:55 a 12:45
2º C. SUPERIOR DE COMERCIO María Prieto Mércores, 9:45 a 10:35
ESA I - II Sonia Puertas Mércores, 18,10 a 19:00
ESA III - IV Marina García Mércores, 18,10 a 19:00

 

Horario de atención a país dos titores. Curso 2020-2021

TITORÍAS

CURSO 2020-2021

ESO E BACHARELATO

GRUPO TITOR/A HORARIO DE ATENCIÓN
1º ESO A Mª Pilar Paredes Luns, 11:35 - 12:25  
1º ESO B Marta Rodríguez Martes, 9:35 a 10:25 
1º ESO C Toño Cid Luns, 13:35 a 14:25
1º ESO D Natalia Pérez  Xoves, 12:45 a 13:35
2º ESO A Mª Rita Ramilo Venres,  11:35 a 12:25 
2º ESO B Isela García Venres,  10:45 a 11:35
2º ESO C Óscar A. Moldes Martes,  10:45 - 11:35 
3º ESO A Francisco Fernández Luns, 10:45 a 11:35
3º ESO B Sonia Pereiro  Martes, 10:45 - 11:35
3º ESO C Andrea Rey  Xoves, 9:35 a 10:25
3º ESO D Paula Martes, 11:35 a 12:25
3º PMAR Lois Refoxos  Xoves, 12:45 a 13:35
4º ESO A Domingo Casás  Xoves, 9:35 a 10:25
4º ESO B Leda González Mércores, 12:45- 13:35 
4º ESO C Raquel Rodríguez  Xoves, 11:35 a 12:25
4º ESO D Luis Miguel Quinteiro Xoves, 10:45 a 11:35
1º BAC A Alfonso Canosa Martes,  12:45 a 10:25 
1º BAC B Ignacio Noya Mércores, 11:35 - 13:35  
2º BAC A Jesús Rodríguez Gregores Xoves, 9:35 a 10:25 
2º BAC B Alejandro Carreño Martes, 11:35 - 12:25 
Distribuir contido