Novas

Entrevista a Paco Fernández e Miriam Burgos

Clicando na seguinte ligazón poderedes acceder á entrevista que o alumnado de 1º de bacharelato realizou a Paco e a Miriam, profes do centro que o vindeiro curso non estarán con nós, pero que deixan unha fonda pegada no Indalecio.

 

https://drive.google.com/file/d/14NlmGRNEQLbEEBmpOAQAC8f1XXr94-gi/view?usp=sharing

Xornada de portas abertas. Martes 25 de xuño 19h

O martes 25 de xuño a partir das 19:00 faremos unha xornada de portas abertas para os que esteades interesados en coñecer o noso centro.

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS PARA A ESO E 1º DE BACHARELATO

Nos arquivos adxuntos pode consultar o calendario que regula as reclamacións e a promoción na ESO e no 1º curso de bacharelato, así como a normativa aplicable ao procedemento.

RESULTADOS ABAU

 

PROCEDEMENTO PARA A RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS FINAIS 2º DE BACHARELATO. CURSO 2023/24

Preme no arquivo adxunto ou nesta LIGAZÓN para consultar os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS. CUALE. CURSO 2024-2025

O vindeiro curso académico o IES Indalecio Pérez Tizón ofrecerá cursos de formación complementaria en Linguas estranxeiras (CUALE): francés, inglés e portugués. Trátase de cursos gratuítos e voluntarios, orientados a alumnado de 4º ESO, Ciclos Formativos e Bacharelato. No arquivo adxunto tedes dispoñible a folla de inscrición.

PROBAS DE INGLÉS TRINITY

 

O pasado 14 e 16 de marzo celebráronse, un ano máis, no IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN as probas para acreditación da competencia lingüística nos niveis B1, B2 e C1 en Lingua Inglesa a través da empresa TRINITY.

 

O alumnado seleccionado tivo que demostrar as súas destrezas orais e escritas na lingua inglesa cunhas probas de comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita.

 

Este programa financiado enteiramente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades permitiu ao noso alumnado presentarse a ditas probas TRINITY de forma gratuíta.

 

Unha vez rematado o proceso de corrección das probas, damos os nosos PARABÉNS ao 80% dos alumnos que superaron as probas de forma satisfactoria e que xa poden acreditar cun Título Oficial de TRINITY a súa competencia en Lingua Inglesa.

CONVOCADAS AS PROBAS DE ADMISIÓN AO INEFG

Convocatoria das probas específicas de acceso aos estudos de grado en Ciencias da actividade física e do deporte, da facultade de Ciencias do deporte e da educación física da Universidade de A Coruña (UDC) para o curso acedémico 2024-2025.

Información sobre a convocatoria e a inscrición nas probas de admisión NESTA LIGAZÓN.

 

 

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

Pode consultar o Manual de Usuario para Familias

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html
Distribuir contido