Novas

Calendario de pendentes

Publícase o calendario das probas de recuperación final de materias pendentes para o curso 21-22:

CALENDARIO PENDENTES ESO E BACHARELATO
CALENDARIO PENDENTES CICLOS FORMATIVOS

Convocatoria dos premios extraordinarios de Bacharelato

Publicada na páxina web da Consellería de Educación a convocatoria para os premios extraordinarios de Bacharelato para o curso 21-22. Consulten a información na ligazón que figura a continuación:

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINADIOS BACHARELATO

CURSO 21-22

Bolsa de estudos 22-23

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e o Ministerio de Universidades estableceron un novo calendario de tramitación das bolsas para o estudantado. O próximo 12 de maio remata o prazo.
 

Novidades de biblioteca e calendario hora de ler para o terceiro trimestre.

As bibliotecas escolares acaban de poñer á nosa disposición unha plataforma de libros dixitais á que temos acceso tanto o profesorado como o alumnado. Para poder facer uso dela necesitades unhas credenciais que vos facilitaremos dende o equipo de biblioteca. Se vos interesa,  poñédevos en contacto con nós e por favor pasade esta información ás vosas titorías. Deixo aquí o enlace por se lle queredes botar unha ollada (e-elbe 2).


O calendario para a hora de ler correspondente á terceira avaliación xa está preparado  Como novidade, por fin recuperamos a biblioteca como espazo para realizar esta actividade.  

 

HORA DE LER. CALENDARIO 3º TRIMESTRE

Visita a Rianxo e Vilanova de Arousa

O pasado 20 de abril o noso alumnado de 4º ESO foi a Rianxo e Vilanova de Arousa. Entre outras cousas, fixeron a rota dos escritores rianxeiros e visitaron a casa-museo de Valle Inclán. Pódense ver as fotos do evento pinchando na imaxe que figura a continuación:

Novas directrices sobre o uso da máscara da Consellería de Educación

Onte , 21 de abril de 2022, a consellería de Educación publicou na súa páxina web as novas directrices do uso da máscara nos espazos educativos, dacordo co estipulado no Real Decreto 286/2022 do 19 de abril  . Aínda que é posible retirar as máscaras nos espazos interiores, esta segue a ser obrigatoria dentro do transporte escolar e dende a Consellería recomendan manter a máscara dentro das aulas. Consulten a información na seguinte ligazón: 

DIRECTRICES USO DE MÁSCARAS NOS ENTORNOS ESCOLARES

21 de abril de 2022

Obradoiros igualdade

A inicios do mes de abril do presente curso académico, o noso alumnado de ESO, Bacharelato e 2º FP Básica participou nunha serie de obradoiros de igualdade, de diversas temáticas: relacións tóxicas, violencia de xénero, mitos do amor romántico e amor propio. Para isto foi imprescindible a cooperación do concello de Tui, particularmente a concellería de igualdade, a quen lle estamos moi agradecidos/as por faciltarmos estes obradoiros.

CONCRECIÓN CURRICULAR 2022 IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

Publícase á adaptación da concreción do currículo do IES Indalecio Pérez Tizón, segundo a Orde do 8 de outubro de 2021, 25 de xaneiro de 2022 e o Real Decreto 984/2021 do 16 de novembro. 

CONCRECIÓN CURRICULAR 2022

 

Novo prazo de solicitude de becas

O novo prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios abriu hoxe 30/03/2022 e estará aberto ata o 12/05/2022.

É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde nin si van seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 22/23 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos).

Os alumnos/as de ESO que teñan intención ou sexan candidatos/as a cursar FP Básica no curso 22/23 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

Programa Primavera Xove

Dende Xefatura Territorial estase a informar sobre o programa Primavera Xove 2022 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

 

O Programa Primavera Xove inclúe estancias de Semana Santa e fins de semana en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. Consulten a información na seguinte ligazón:

PRIMAVERA XOVE 2022

 

 

Distribuir contido