Actividades

"A pouca fortuna", poema en conmemoración do 25N

O poema "A pouca fortuna" foi escrito polo alumnado de 4º PDC para participar con el no concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais convocado pola Secretaría xeral de igualdade e a Dirección xeral de ordenación e innovación educativa co motivo da conmemoración do 25N.  Se queres ver o video, prema na imaxe: 

CHARLA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL E CONSUMO DE PORNOGRAFÍA

A Sede Afundación de Santiago de Compostela acollerá o próximo martes 12 de decembro  a intervención de  JOSÉ LUIS GARCÍA, sobre Educación sexual e consumo de pornografía que se emitirá tamén no canal Afundación TV ás 19:00 e que está específicamente orientada a profesorado e familias. José Luis García é doutor en Psicoloxía e especialista en sexoloxía, experto en condutas aditivas asociadas ao consumo de pornografía en menores. Podedes reservar a asistencia online á charla premendo AQUI
 
 
 
 

PROPOSTA PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES (25N 2023)

Nesta LIGAZÓN tedes unha proposta de actividades para a conmemoración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. 


8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Animámosvos a participar nas propostas deseñadas polo EDL  e Aloia Biblioteca para conmemorar o 8 de marzo.

Tódalas mulleres que coñezo

O Concello de Tui convídanos, durante tres días, a mirar Tódalas mulleres que coñezo (de Xiana do Teixeiro), unha película que versa sobre unha das pragas máis invasivas e, por desgraza, imperecedeiras, na sociedade: a violencia de xénero.

 

Enquisa sobre violencia de xénero

Convidamos ao noso alumnado de Bacharelato e de Ciclos de Comercio e de Electricidade a participar nesta enquisa sobre violencia de xénero, e a reflexionar sobre as preguntas e as posibles respostas ás mesmas.

 

Visita da Asociación Transmiño

Ao longo do mes de novembro o noso alumnado da ESO estivo a partipar nuns talleres sobre igualdade e LGTBI desenvolvidos pola asociación Transmiño.

Queremos agradecer á asociación e aos relatores o seu traballo e boa disposición de cara o noso alumnado. Estades convidados a volver cando queirades:

 

I Edición do concurso "Portas cara a igualdade"

Este curso académico inaugúrase un novo concurso para promover a igualdade entre as persoas. De forma voluntaria, cada grupo decorará a porta da súa clase cunha mensaxe en defensa da equidade. A continuación, móstrase o enlace para acceder ás bases do concurso. Lédelas con atención e animádevos a participar neste novo certame.

Distribuir contido