SEGUIMOS COA FORMACIÓN DO PROFESORADO EN COMO XESTIONAR AS EMOCIÓNS NA ADOLESCENCIA!

Esta semana o grupo de 18 docentes participantes no seminario “Saúde mental na adolescencia no IES Indalecio Pérez Tizón” (Plan de Formación Permanente do Profesorado) recibe formación impartida por José Eduardo Rodríguez Otero, psicólogo da unidade de prevención do suicidio (UPS) do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.