Novas

Xornada de portas abertas. Martes 25 de xuño 19h

O martes 25 de xuño a partir das 19:00 faremos unha xornada de portas abertas para os que esteades interesados en coñecer o noso centro.

NOVIDADES FP. CURSO 2024-2025

Clicando na seguinte LIGAZÓN podedes consultar as principais novidades na FP para o curso 2024-2025.

RESULTADOS ABAU

 

4º CONGRESO EDUCODS 2030

Do 4 ao 7 de xuño celébrase no Paseo da Corredoira de Tui o 4º Congreso Educativo EDUCODS 2030. É unha iniciativa do CEIP Nº 1 de Tui no que participan numerosos centros de ensino, entre eles o IES Indalecio Pérez Tizón.

Consulta a localización e o programa nos arquivos adxuntos

 

Accede A PRESENTACIÓN do alumnado participante

https://www.youtube.com/watch?v=3y-aH7vcEK0

  

TRAILER DA CURTAMETRAXE DE 1º BAC A

Preme na imaxe para ver o trailer


 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024/25

A partir do martes 21 de maio ábrese o prazo para solicitar as axudas para a compra de libros de texto e material escolar, así como para participar no Fondo solidario de libros para o vindeiro curso 2024/25. O prazo está aberto do martes 21 de maio ata o venres 21 de xuño e os trámites presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora. Para máis información premer na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43218 

PROBAS DE INGLÉS TRINITY

 

O pasado 14 e 16 de marzo celebráronse, un ano máis, no IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN as probas para acreditación da competencia lingüística nos niveis B1, B2 e C1 en Lingua Inglesa a través da empresa TRINITY.

 

O alumnado seleccionado tivo que demostrar as súas destrezas orais e escritas na lingua inglesa cunhas probas de comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita e expresión escrita.

 

Este programa financiado enteiramente pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades permitiu ao noso alumnado presentarse a ditas probas TRINITY de forma gratuíta.

 

Unha vez rematado o proceso de corrección das probas, damos os nosos PARABÉNS ao 80% dos alumnos que superaron as probas de forma satisfactoria e que xa poden acreditar cun Título Oficial de TRINITY a súa competencia en Lingua Inglesa.

BOLSAS DO MEC CONVOCATORIA 2024

No arquivo adxunto podedes consultar o procedemento para soliciar as bolsas do Ministerio de Educaión para o curso 2024-2025. Para calquer dúbida consultade co Departamento de Orientación do centro.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Premendo no documento que se xunta pode consultar as vacantes do IES Indalecio Pérez Tizón para o curso 2024-2025.

QUE PASA DESPOIS DA ESO?

O Departamento de Orientación elaborou uns recursos para explicar ao alumnado na aula as posibilidades e opcións que se lles abren unha vez rematen a ESO. Co fin de que poidades velas na casa e afondar xunto aos vosos fillos e fillas sobre o seu contido, deixámosvolas nas seguntes ligazóns para que as consultedes.

 

 

Se tedes dúbidas podedes comentalas con Sara, a nosa orientadora, que vos atenderá encantada.

Distribuir contido