Informacións e actividades

Convocatoria de dúas prazas de Erasmus+ DEPO 2020

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2020.

  1. Número de prazas:

Ofértanse dúas mobilidades

  1. Destinatarios:

Estas prazas son para alumnado de CM que titule neste instituto no ano 2020

  1. Presentación de solicitudes:

As persoas solicitantes enviarán unha solicitude e unha carta de motivación ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu
O prazo de presentación de solicitudes será do día 20 ao 30 de novembro.

 

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

 

 

 

 

 

Suspensión de viaxes pedagóxicas

Debido á pandemia de coronavirus, todas as viaxes pedagóxicas, incluidas as do Erasmus+ quedan suspendidas:

- A viaxe a Andorra.

- A viaxe a Extremadura.

- O Erasmus+, previsto para Italia.

Máis adiante, daremos máis información ao respecto.

Relación de candidatos Erasmus+ e data de selección

O xoves 06/02 de 2020, ás 16:30 horas, procederase á selección de canditatos/as para participar nas mobilidades Erasmus+ deste curso académico.

A relación de candidatos/as é a que segue:

ALUMNADO

  • Sana Ghaufri Bauchichan
  • Jaqueline Iglesias Gómez
  • Julián Morgado Fernández
  • Omar Ghanim El Hariri
  • Laura Barros Romero
  • Raúl Román das Dores

PROFESORADO

  • Raquel Pereira Pereira

Requisitos e criterios de selección para participar nunha mobilidade Erasmus+ do Proxecto PRACTICUM DEPO 2019

REQUISITOS

Para poder participar na mobilidade, o alumnado debe cumprir os requisitos establecidos para os Proxectos de mobilidade para beneficiarios e persoal de ensinanzas de FP do programa Erasmus+ e os establecidos no Proxecto Practicum Depo 2019, que se detallan a continuación:

1. Ser persoa recentemente titulada de ciclo medio de formación profesional de calquera centro educativo que sexa socio do PROXECTO PRACTICUM DEPO 2019, durante o ano ao que finalicen os seus estudos, sempre que sexan seleccionadas durante o último curso académico da súa formación.

2. A persoa recentemente titulada debe iniciar e finalizar a mobilidade durante os 12 meses posteriores á data da súa titulación (data da sinatura das actas de avaliación), residir no noso país e ser maior de 18 anos.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DE PERSOAS CANDIDATAS A REALIZAR A MOBILIDADE

A selección atenderá a procedementos equitativos, transparentes e igualitarios, segundo se establece na Guía do Programa Erasmus+, entre aquel alumnado solicitante que cumpra os requisitos para poder participar na mobilidade.

Será seleccionado para participar na mobilidade por parte de noso centro educativo o alumnado que obteña unha maior puntuación no baremo de méritos establecido polo Proxecto. O baremo de méritos está establecido en base aos seguintes criterios de selección:

1. Adecuación do título e do perfil (30%)

2. Nivel de coñecemento do idioma requirido (20%)

3. Expediente académico (20%)

4. Méritos (10%)

5. Entrevista persoal (20%)

Non se procederá á valoración de méritos das persoas que non cumpran os requisitos para poder participar na mobilidade.

Non se poderá seleccionar para participar na mobilidade a máis persoas ca prazas asignadas para cada mobilidade a este centro educativo, pero si que se poderá propor lista de alumnado suplente.

PROBAS DE SELECCIÓN 

Dacordo cos criterios anteriormente expostos, e en referencia á entrevista persoal, esta se realizará de xeito individual a cada persoa admitida na participación da actividade. Esta entrevista persoal versará sobre os intereses e motivacións para participar na mobilidade e o coñecemento de idiomas sobre a lingua de traballo no país de destino.

Cando o candidato non poida acreditar o coñecemento da lingua de traballo no país de destino, se procederá á realización dunha proba de coñecemento dese idioma.

 

Convocatoria de dúas prazas de Erasmus+ DEPO 2019

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto PRACTICUM DEPO 2019.

1. Número de prazas

Ofértanse dúas mobilidades.

2. Destinatarios

Estas prazas son para alumnado matriculado neste momento no 2º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais ou no 2º curso de Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas.

3. Prazos

O prazo de presentación de solicitudes será do día 20 ao día 30 de xaneiro.

Convocatorias de mobilidades Erasmus+ da Xunta de Galicia

 

Ábrese a convocatoria de prazas de mobilidades Erasmus+ da Xunta de Galicia 2019 para alumnado e profesorado interesado na realización de prácticas nun país europeo, ao abeiro do proxecto Next Station 2019-1-ES01-KA102-063732 da XUNTA 2019. Estas prazas son para alumnado matriculado neste momento no 2º curso do Ciclo Medio de Actividades Comerciais ou 2º curso de Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas.

Convocatoria de sete prazas de mobilidades Erasmus+ para alumnado

1. Número de prazas

 

- 3 prazas para alumnado de Ciclo Medio de Electricidade e Comercio.

- 4 prazas para alumnado de FP Básica 

 

2. Presentación de solicitudes

 

As persoas solicitantes presentarán a solicitude normalizada, segundo o anexo, enviándoa ó enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu acompañada dunha carta de presentación e motivación.

 

O prazo de presentación de solicitudes será do día 20 ao 30 de xaneiro.

 Convocatoria de prazas de mobilidades Erasmus+ para profesorado:

1-   Número de prazas

Convócase unha praza de jobshadowing para profesorado (unha mobilidade).

 

 2. Presentación de solicitudes

 

As persoas solicitantes presentarán a solicitude normalizada, segundo o anexo, enviándoa ó enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu acompañada dunha carta de presentación e  motivación.

O prazo de presentación de solicitudes será do día 20  de xaneiro ao día 5 de febreiro.

 

3-    

Candidatos que soliciten mobilidade en máis de un Consorcio

 

Os candidatos que soliciten praza de mobilidade en máis de un Consorcio deberán establecer unha prioridade, de forma que, de superar o proceso de selección en ambos Consorcios, nun deles estén na lista de admitidos e noutro estén na lista de reserva.

 

Criterios de selección de profesorado para participar nunha mobilidade Erasmus+ da Xunta de Galicia

A continuación, detállanse os criterios de selección de profesorado para participar nunha mobilidade Erasmus+ da Xunta de Galicia:

1. Antigüidade no centro (máximo 5 puntos).

- Con data de destino definitivo anterior ao curso 2010-2011: 5 puntos.

- Con data de destino definitivo comprendida entre o curso 2018-2019 e 2010-2011: 3 puntos.

- Con data de destino provisional: 2 puntos.

2. Competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo, en caso de que sexa diferente a do país de acollida (máximo 5 puntos).

A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:

a) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.

b) Probas realizadas no propio centro, no caso de que non teña certificación de competencias lingüísticas.

c) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido polo comité de selección.

3. Competencias persoais e actitudes (máximo 3 puntos).

Esta valoración farase tendo en conta a opinión do equipo directivo do centro sobre a idoneidade do profesorado para aplicar no centro a formación recibida.

4. No caso de empate nos méritos, darase prioridade, pola seguinte orde:

4.1. Ao profesorado que nunca participara nas mobilidades do Programa Erasmus+.

4.2. Por sorteo.

 

Non se procederá á valoración de méritos das persoas que non cumpran os requisitos para poder participar na mobilidade.

 

Non se poderá seleccionar para participar na mobilidade a máis persoas ca prazas asignadas para cada mobilidade a este centro educativo, pero si que se poderá propor lista de profesorado suplente.

 


Os solicitantes que reúnan os requisitos para participar nesta convocatoria presentarán a solicitude normalizada, segundo o anexo da resolución da Consellería de Educación pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o proxecto 2019-1-ES01-KA102-063732, no centro educativo.

 

Criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+ da Xunta de Galicia

A continuación, detállanse os criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+, dacordo coa convocatoria Proxectos de mobilidade para beneficiarios e persoal de ensinanzas de FP do programa Erasmus+ e os establecidos no Consorcio de Mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no proxecto 2019 - 1 - ESO1 - KA102-063732:

 

                  REQUISITOS

 

1.Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado que estea cursando ciclos formativos de grao medio e FP Básica durante o curso 2018-2019 / 2019-2020 / 2020-2021, ou ben que acadaran a súa tituladión nos mecionados cursos académicos, nos centros públicos que forman parte do Consorcio de mobilidades (vid. táboa art. 7.1), así como o persoal que imparta ditos ciclos, destinado nestes centros.

2. Non poderá ter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta resolución o alumnado e o persoal que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3.A persoa solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

 

 

CRITERIOS DE SELECCIÓN

 

 

A selección do alumnado para participar nunha mobilidade obederá a estes criterios:

 

1. Expediente académico (máximo 4 puntos). Terase en conta a nota media obtida polo/a estudante no primeiro curso do ciclo formativo.

- Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.

- Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.

- Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.

2. Competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo, no caso de que sexa diferente a do país de acollida (máximo 4 puntos).

 A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:

a) Nota media do/a alumno/a no primeiro curso, no caso de que o idioma de traballo estea incluído no currículo do ciclo.

b) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.

c) Probas realizadas no propio centro, no caso de que non teña certificación de competencias lingüísticas.

d) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido polo comité de selección.

-        

3. Competencias persoais e actitudes (máximo 4 puntos).

O comité de selección considerará para este criterio a valoración das actitudes e comportamento do alumnado, tendo en conta as opinións e a información dada por aqueles que ensinen ao estudante en particular, dando máis puntos a aqueles alumnos/as considerados/as baixo este criterio máis adecuados para formar parte destas mobilidades.

-        

4. Outros.

No caso de empate nos méritos darase prioridade, pola seguinte orde:

4.1 Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.

4.2 Aos estudantes que nunca participaran nas mobilidades do Programa Erasmus+.

 

 

 

Solicitude de mobilidades Erasmus+ para alumnado e profesorado

No enlace que figura a continuación atópase a solicitude para participar nunha mobilidade para alumnado e profesorado de ciclos formativos de grao medio e FP Básica de centros educativos públicos que imparten formación profesional  e forman parte do consorcio de mobilidades que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+, durante o ano 2019, 2020, 2021.

SOLICITUDE MOBILIDADE ERASMUS DA XUNTA DE GALICIA

Resolución da convocatoria de dúas mobilidades Erasmus+

O profesorado seleccionado na convocatoria de dúas mobilidades de docentes do proxecto "FP Básica: un puente hacia el futuro", que se realizarán durante o mes de novembro de 2019 son:

  • Dona Beatriz Fernández Bernárdez
  • Dona Sonia Pérez Álvarez
Distribuir contido