Transporte escolar

Solictitude de transporte escolar para o curso 2020-2021

 IMPRESO DE SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR GRATUÍTO PARA ALUMNADO DE ESO

 

  1. Todo o alumnado de ESO do centro pode solicitar transporte escolar, pero non é gratuíto para os alumnos/as de centros non adscritos.
  2. O impreso é un documento en PDF non editable, polo que hai que imprimilo e cubrilo a man.
  3. O alumnado maior de 16 anos que non cursa a ESO (FP Básica, Bacharelato, Ciclos Formativos) poderán solicitar o transporte escolar gratuíto no mes de setembro, unha vez iniciado o curso académico 2020-2021.
TRANSPORTE ESCOLAR

 

 

Aviso importante

AVISO IMPORTANTE Á COMUNIDADE ESCOLAR

 

O presidente da Xunta de Galicia, don Alberto Núñez Feijoo, acaba de suspender a actividade escolar durante os próximos 14 días a partir do luns 16 de marzo. 

Mañá, 13 de marzo, a recomendación da Xunta de Galicia é que o alumnado non veña a clase, pero esta decisión queda a mans das familias. 

Así pois, para a xornada de mañá seguirá a haber transporte escolar, como calquera outro venres, pero a partir do luns este estará suspendido ata que a Xunta dea a orde de reanudación de clases.

No enlace que figura a continuación, toda a comunidade escolar poderá acceder ás instrucións para estes catorce días naturais.

MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O DÍA 16 DE MARZO DE 2020

 

 

Instrucións sobre o transporte escolar para o curso 2019-2020

No documento que se amosa a continuación atópanse as instrucións sobre o transporte escolar para o curso 2019 - 2020, publicadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

 

 

Información do transporte escolar para o alumnado de ensino non obrigatorio

Infórmase ao alumnado de ensinanzas non obrigatorias (Bacharelato, Ciclos Formativos e FP Básica) de que non ten dereito ao transporte escolar gratuito cando se trata dunha liña regular (como ATSA). Este alumnado pode solicitar o transporte gratuito cando quedan prazas baleiras da ESO. A Xunta paga os billetes de ATSA ao alumnado de ESO, pero non contrata o autobús completo (cando si é o caso doutras liñas, como Lázara ou Melytour). Por iso non hai prazas vacantes nas rutas 1 e 2 (A Guarda e Vigo).

Por outro lado, comunícase ao alumnado e as súas familias que o transporte gratuito a Salceda tampouco é posible. Segundo nos informaron, o instituto de Salceda ten outro centro adscrito para o seu alumnado, polo que a Xunta non sufraga o transporte ao alumnado de ensinos non obrigatorios que proceden desta localidade.

Modelo de reclamación de transporte escolar

Nesta entrada atópase o modelo de reclamación de transporte escolar. Se algún membro da comunidade educativa quere presentar unha reclamación relacionada con este aspecto, hai que cubrir o impreso, presentalo na administración do instituto e envialo con rexistro de saída.

 

 

Enquisa sobre o transporte escolar do concello de Tui

O concello de Tui está a redactar nestes momentos o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), motivo polo cal o concello prega aos pais e nais do alumnado deste centro que participe na seguinte enquisa coa fin de coñecer as necesidades dos usuarios do transporte escolar dos centros educativos da localidade. Para dar a vosa opinión premede o seguinte enlace:

 

ENQUISA TRANSPORTE TUI

Cambio de rutas no transporte escolar (2019 - 2020)

Informamos aos usuarios do noso centro do transporte escolar da empresa Lázara que hai un cambio de itinerario este ano. As rutas, itinerarios e paradas son as seguintes:

 

  • Caldelas: Casqueiro, Arantei, Ponte Caselas, Carreira, Estación de Caldelas, Pena, Laxes, Sobreiro, Estación de Guillarei, Núñez, Piensos.
  • Baldráns: Igrexa Caldelas, Cuartel, Monte, Fábrica, Viúda, Igrexa Baldráns, Carrasqueira, Pontenova (tanatorio).
  • Paramos: Paramos (Devesa), Taberna Nova, Salceda (Devesa, Parderrubias).
  • Guillarei: Tenda Nova, Torre, Molinera, Souto, Millada, Igrexa Guillarei, Rotea, Pombal, Centro Cultural.
Distribuir contido