Latín
Programación Didáctica de Cultura clásica de 3º de ESO
Enviado por oscar.pedrido o Ven, 12/30/2022 - 23:25No arquivo anexo que acompaña esta publicación poderá consultarse a Programación Didáctica da materia Cultura clásica de 3º de ESO para o presente curso académico. Se algún membro da comunidade educativa ten algunha dúbida ou consulta en relación cos aspectos recollidos nela, poderá facerlla chegar ó xefe do Departamento de Latín, Óscar Pedrido López, a través do teléfono do instituto (886110749) ou do correo electrónico oscar.pedrido@yahoo.es.
Programación Didáctica de Cultura clásica de 3º de ESO para alumnos de 4º de ESO coa materia pendente
Enviado por oscar.pedrido o Dom, 09/25/2022 - 22:31No arquivo que se achega como anexo a esta publicación xúntase a versión adaptada da Programación Didáctica da materia Cultura clásica de 3º de ESO do curso 2021-2022, na que se recollen os elementos curriculares que se tomarán como referencia para avaliar os alumnos matriculados en 4º de ESO coa materia Cultura clásica de 3º de ESO pendente de superar. Eses elementos curriculares son os seguintes: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe avaliables cos seus graos mínimos de consecución, contribucións á adquisición das competencias clave e criterios de corrección de exercicios e probas. Os alumnos e as súas familias xa recibiron no seu momento outra información máis específica sobre o procedemento de recuperación da materia.
Óscar Pedrido López
Xefe do Departamento de Latín e Grego
Programación Didáctica de Latín I para alumnos coa materia pendente
Enviado por oscar.pedrido o Dom, 09/25/2022 - 22:23No arquivo que se achega como anexo a esta publicación xúntase a versión adaptada da Programación Didáctica da materia Latín I do curso 2021-2022, na que se recollen os elementos curriculares que se tomarán como referencia para avaliar os alumnos matriculados en Latín II (2º de bacharelato) que deben superar a materia Latín I (1º de bacharelato) por cambio de modalidade. Eses elementos curriculares son os seguintes: obxectivos, contidos, criterios de avaliación, estándares de aprendizaxe avaliables cos seus graos mínimos de consecución, contribucións á adquisición das competencias clave e criterios de corrección de exercicios e probas. Os alumnos e as súas familias xa recibiron no seu momento outra información máis específica sobre o procedemento de recuperación da materia.
Óscar Pedrido López
Xefe do Departamento de Latín e Grego
Departamento de Latín e Grego
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 10/01/2019 - 12:24
DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO
CURSO 2022-2023
PROFESOR/A | HORA DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS | CORREO ELECTRÓNICO |
ÓSCAR PEDRIDO LÓPEZ XEFE DE DEPARTAMENTO |
VENRES, DE 10:45 A 11:35 | oscar.pedrido@yahoo.es |
FERNANDO A. PÉREZ LOZAO | MARTES, DE 9:35 A 10:25 | latinda4ab@gmail.com |
Programación Didáctica 2022-2023
Enviado por oscar.pedrido o Lun, 11/12/2018 - 10:37No arquivo anexo que acompaña esta publicación poderá consultarse a Programación Didáctica do Departamento de Latín e Grego para o presente curso académico (materias: Latín de 4º de ESO, Latín II e Grego II). Se algún membro da comunidade educativa ten algunha dúbida ou consulta en relación cos aspectos recollidos nela, poderá facerlla chegar ó xefe do Departamento de Latín, Óscar Pedrido López, a través do teléfono do instituto (886110749) ou do correo electrónico oscar.pedrido@yahoo.es.
