Biblioteca
Enquisa biblioteca
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 06/02/2022 - 11:40Animamos ao profesorado e ao alumnado do noso instituto a participar na enquisa que elaborou o equipo de Biblioteca, para que cada vez melloremos máis e esteades máis orgullosos da nosa biblioteca:
ENQUISA BIBLIOTECA |
Concurso Que sabes das Letras?
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 05/13/2022 - 12:45O equipo de Biblioteca convídanos a participar neste concurso para conmemorar o Día das Letras Galegas que, como sabedes, festexamos o 17 de maio. Premede o seguinte enlace ou mirade o blog da biblioteca Aloia onde está toda a información:
CONCURSO QUE SABES DAS LETRAS? |
Novidades de biblioteca e calendario hora de ler para o terceiro trimestre.
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 04/22/2022 - 11:32As bibliotecas escolares acaban de poñer á nosa disposición unha plataforma de libros dixitais á que temos acceso tanto o profesorado como o alumnado. Para poder facer uso dela necesitades unhas credenciais que vos facilitaremos dende o equipo de biblioteca. Se vos interesa, poñédevos en contacto con nós e por favor pasade esta información ás vosas titorías. Deixo aquí o enlace por se lle queredes botar unha ollada (e-elbe 2).
O calendario para a hora de ler correspondente á terceira avaliación xa está preparado Como novidade, por fin recuperamos a biblioteca como espazo para realizar esta actividade.
Actividades Biblioteca: Mes do libro
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 03/25/2022 - 12:24A ligazón que figura a continuación conduce á información das actividades propostas polo noso equipo de Biblioteca para festexar este mes do libro:
Actividades 8M
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 03/08/2022 - 10:36O equipo de biblioteca do IES Indalecio Pérez Tizón elaborou este material para traballar ao longo desta semana e así festexar o Día Internacional da Muller:
Día de Rosalía
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 02/01/2022 - 10:39Obradoiro de Nadal na Biblioteca
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 12/10/2021 - 11:56O equipo de Biblioteca e o equipo de Normalización Lingüística organizan un obradoiro de creación de adornos de Nadal o xoves 16 de decembro nos recreos. Achegádevos á Biblioteca e animádevos a participar nesta actividade!!
