Biblioteca

biblioteca

Suxestións de lecturas para este Nadal

Atención ao magnífico traballo desenvolvido polo equipo de Biblioteca e polo alumnado de Escaparatismo. Teredes que pasar pola nosa Biblioteca para velo (e a ver se tedes sorte e aínda pillades unha das bolsas coas suxestións de lecturas para este Nadal).

SUXESTIÓNS DE LECTURAS DE NADAL

BIBLIOTECA ALOIA

O IES Indalecio Pérez Tizón súmase á iniciativa do concello para loitar contra a violencia de xénero

O noso centro sumouse á iniciativa do concello de Tui para loitar contra a violencia de xénero. A nosa aportación atópase na seguinte ligazón: http://www.tui.gal/gl/novas/o-ies-indalecio-perez-tizon-sumase-ao-25n-co...

Suxestións de lecturas a favor da Igualdade

O equipo de Biblioteca elaborou esta interesantísima guía de lecturas que tratan sobre a igualdade e a violencia de xénero, que se poden pedir en préstamo. Moitas grazas polo seu traballo:

Contra a violencia de xénero: tres recomendacións de lecturas

Tres das nosas alumnas encoméndannos a lectura de tres libros que versan sobre a violencia de xénero: Imparables, Desnuda e O inferno de Marta. Tamén poderedes acceder a estes videos no blog da Biblioteca Aloia.

 

Imparables, recomendado por Iroko

(2º ESO)

 

O inferno de Marta, recomendado por Carla

(3º ESO PMAR)

 

Desnuda, recomendado por Claudia

(1º Bacharelato)

 

Catálogo de películas da nosa Biblioteca

Xa se pode consultar na Aula Virtual (categoría: Biblioteca; curso: "usuarios") e no blog da Biblioteca Aloia o catálogo de películas en préstamo da Biblioteca:

Concurso de relatos de terror Edgar Allan Poe

Xa están publicadas as bases do concurso de relatos de terror Edgar Allan Poe que dende hai uns anos a Biblioteca convoca para celebrar o Samaín. Se queredes participar, lede con atención as bases da convocatoria que están no blog da biblioteca, ao que podedes acceder dende a ligazón que figura á dereita da páxina ou directamente en bibliotecaaloia.blogspot.com.

 

Animádevos e partipade no certame!!!

Titoriais sobre o Aula Virtual

Estas dúas ligazóns que se mostran a continuación conducen a varios titoriais para guiarvos no manexo da Aula Virtual do centro e de ferramentas web. Estes titoriais atópanse na pestaña Aula Virtual (o enlace atópase na parte superior dereita, por riba do encabezamento desta páxina web), dentro do curso Biblioteca Aloia

Non precisades clave para acceder a estes materiais, posto que o acceso está aberto para CONVIDADOS.

BIBLIOTECA ALOIA: ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL
BIBLIOTECA ALOIA: RECURSOS PARA BIBLIOTECAS

Moitas grazas ao equipo da nosa Biblioteca por este excelente traballo.

 

Préstamo de libros para o verán

Se queredes coller libros emprestados para o verán, seguide atentamente as instrucións facilitadas polo equipo de biblioteca:

INSTRUCIÓNS (VER EN PDF)

 

Vídeos titoriais para acceder á Aula Virtual

O equipo de Biblioteca elaborou estes magníficos vídeos titoriais para traballar coa Aula Virtual do centro. Moitísimas grazas a Sonia polo seu traballo:

 

 

 

Unha historia de libros

Distribuir contido