Comercio

FORMACIÓN PROFESIONAL DO IES INDALECIO PÉREZ TIZÓN

Os ciclos de Comercio e Electricidade que oferta o noso centro son nomeadamente sinalados pola prensa polo seu éxito cara o futuro profesional e laboral do alumnado que os cursa. 

https://www.farodevigo.es/comarcas/2023/06/23/fp-ies-indalecio-perez-tizon-89037897.html

DATA E HORA PARA A DEFENSA DO PROXECTO DO CICLO SUPERIOR DE COMERCIO

DEFENSA PROXECTO CICLO SUPERIOR DE COMERCIO 

 

DATA

Xoves 15 de xuño de 2023

HORA

 08:45 am

PROXECTO

CICLO SUPERIOR XESTIÓN VENDAS

APROVEITAMENTO DAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO

Alumnado de Ciclos, Comercio e Electricidade asistiron con aproveitamento ao curso formativo intensivo que Modesto Gómez, referente nacional como formador de cursos de marketing, habilidades socio - directivas, xestión de talento e desenvolvemento estratéxico, impartiu a pasada semana dentro das Xornadas de Emprendemento que se celebraron no IES Indalecio Pérez Tizón. Cun carácter eminentemente práctico o alumnado presentou as súas propostas e proxectos, que cos consellos e pulo do relator foron avanzando desde a idea orixinaria cara a fórmula de negocio. 

Convocatoria e criterios de selección Erasmus +

Convocatoria de mobilidades ERAMUS+. EUROPA NEXT STATION 2019-21

 

Ábrese a convocatoria para que o alumnado interesado presente a súa candidatura para a realización de prácticas de FCT nun país europeo, ao abeiro do proxecto EUROPA NEXT STATION 2019-21

Destinatarios:

Estas prazas son para alumnado de CM que estea en condición de facer as prácticas de FCT no período ordinario de marzo a xuño de 2022.

Presentación de solicitudes:

As persoas solicitantes enviarán unha solicitude, unha carta de motivación e o seu CV ao enderezo de correo seguinte: erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

O prazo de presentación de solicitudes será do día 13 ao 17 de xaneiro, ambos incluídos.

Para calquera dúbida tamén podedes escribir ao correo erasmus@iesindaleciopereztizon.eu

 

Criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+ da Xunta de Galicia

A continuación, detállanse os criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+, de acordo coa convocatoria Proxectos de mobilidade para beneficiarios e persoal de ensinanzas de FP do programa Erasmus+ e os establecidos no Consorcio de Mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no proxecto NEXT STATION 2019-21

 REQUISITOS

1. Non poderá ter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta resolución o alumnado e o persoal que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. A persoa solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

A selección do alumnado para participar nunha mobilidade obedecerá a estes criterios:

1. Expediente académico (máximo 4 puntos). Terase en conta a nota media obtida polo/a estudante no primeiro curso do ciclo formativo.

- Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.

- Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.

- Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.

2. Competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo, no caso de que sexa diferente a do país de acollida (máximo 4 puntos).

A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:

a) Nota media do/a alumno/a no primeiro curso, no caso de que o idioma de traballo estea incluído no currículo do ciclo.

b) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.

c) Probas realizadas no propio centro, no caso de que non teña certificación de competencias lingüísticas.

d) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido polo comité de selección.

3. Competencias persoais e actitudes (máximo 4 puntos).

O comité de selección considerará para este criterio a valoración das actitudes e comportamento do alumnado, tendo en conta as opinións e a información dada por aqueles que ensinen ao estudante en particular, dando máis puntos a aqueles alumnos/as considerados/as baixo este criterio máis adecuados para formar parte destas mobilidades.

4. Outros.

No caso de empate nos méritos darase prioridade, pola seguinte orde:

4.1 Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.

4.2 Aos estudantes que nunca participaran nas mobilidades do Programa Erasmus+.

 

 

 

Programación FCT

PROGRAMACIÓN FCT

CURSO 2020-2021

Calendario de recuperacións de 2º Ciclo Medio de Comercio

Na ligazón que se mostra a continuación poden consultar o calendario de probas de recuperación do 2º Ciclo Medio de Comercio (Actividades Comerciais):

CALENDARIO DE RECUPERACIÓNS: 2º CMC

Departamento de Comercio

 

DEPARTAMENTO DE COMERCIO

CURSO 2023-2024

 

PROFESOR/A HORA DE ATENCIÓN A PAIS/NAIS CORREO ELECTRÓNICO

ALEJANDRO GUNTIÑAS PAREDES

XEFE DE DEPARTAMENTO

 

guntinas@edu.xunta.gal

DANIEL ÁLVAREZ FONTEROSA   

danielfonterosa@edu.xunta.gal

MÓNICA AMOEDO VIDAL    
LUCILA CANO SANTIAGO    
MªJESÚS GARBÍN DOMÍNGUEZ    
vANESA LOZANO SAÍZ    
ELISA SALINAS MÁRQUEZ    
     

Departamento de Comercio

Benvido ó espazo web do deparmento de Comercio do IES Indalecio Pérez Tizón de Tui.

A continuación amosámosche o enlace ó noso blog, onde poderás seguir as actividades realizadas polo departamento ó longo do curso académico.

Para calquera consulta, podes contactar con nos no correo comercio@iesindaleciopereztizon.eu

 

 

Distribuir contido