APROVEITAMENTO DAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO

Alumnado de Ciclos, Comercio e Electricidade asistiron con aproveitamento ao curso formativo intensivo que Modesto Gómez, referente nacional como formador de cursos de marketing, habilidades socio - directivas, xestión de talento e desenvolvemento estratéxico, impartiu a pasada semana dentro das Xornadas de Emprendemento que se celebraron no IES Indalecio Pérez Tizón. Cun carácter eminentemente práctico o alumnado presentou as súas propostas e proxectos, que cos consellos e pulo do relator foron avanzando desde a idea orixinaria cara a fórmula de negocio.