Extraescolares e complementarias
Concurso "Mascarillas". Entroido 2021
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 01/13/2021 - 13:54Este ano convocamos un novo concurso: animámosvos a decorar as máscaras anticovid coma máscaras de entroido. Lede con atención as bases do concurso:
|
![]() |
Concurso de caricaturas. Curso 2020 - 2021
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 01/12/2021 - 12:39Atención!! Velaquí están as bases do Concurso de caricaturas que tradicionalmente o departamento de Educación Plástica e Visual organiza no noso centro. Lede detidamente as bases e animádevos a participar!!:
![]() |
![]() |
Sabores do mundo 2020
Enviado por Olalla Aldazabal o Lun, 12/21/2020 - 09:05Como sabedes, este ano Sabores do mundo tívose que facer de xeito virtual. A continuación, móstranse algúns dos traballos presentados a concurso:
1º ESO D
Taller de montaxe de microscopios
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 12/16/2020 - 12:45O pasado 14 de decembro o alumnado de 1º Bacharelato asistiu a un taller de montaxe de microscopios. O obradoiro resultou moi interesante, e, dende o centro (alumnado, dirección e xefa do departamento de bioloxía e xeoloxía) queremos agradecer ao relator a súa boa disposición para atender aos nosos alumnos e alumnas.
Aviso importante
Enviado por Olalla Aldazabal o Xov, 03/12/2020 - 14:11AVISO IMPORTANTE Á COMUNIDADE ESCOLAR
O presidente da Xunta de Galicia, don Alberto Núñez Feijoo, acaba de suspender a actividade escolar durante os próximos 14 días a partir do luns 16 de marzo.
Mañá, 13 de marzo, a recomendación da Xunta de Galicia é que o alumnado non veña a clase, pero esta decisión queda a mans das familias.
Así pois, para a xornada de mañá seguirá a haber transporte escolar, como calquera outro venres, pero a partir do luns este estará suspendido ata que a Xunta dea a orde de reanudación de clases.
No enlace que figura a continuación, toda a comunidade escolar poderá acceder ás instrucións para estes catorce días naturais.
Álbum de fotos: Entroido 2020
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 02/28/2020 - 11:27A continuación, móstrase o conxunto de imaxes que os nosos fotógrafos/as acreditados/as fixeron da festa do Entroido:
ÁLBUM DE FOTOS DO ENTROIDO 2020
Xuntanza coa Asociación LGTBI do Baixo Miño
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 02/14/2020 - 11:36O 12 de febreiro unha serie de profesoras deste centro e máis 6 alumnos/as de 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO acudiron a unha xuntanza para coñecer as actividades e propostas que ofrece a Asociación LGTBI do Baixo Miño. A experiencia resultou moi interesante: a través dunha comida informal no instituto de ensino secundario do Rosal, esta asociación puxo en contacto aos rapaces/as do IES Indalecio Pérez Tizón, xunto ao alumnado voluntario en igualdade do centro do Rosal para compartir as súas experiencias acerca deste tema: mostraron actividades que desenvolveron no instituto e resultados acadados. Dende o Indalecio Pérez Tizón queremos agradecer ao alumnado e profesorado do Rosal a súa boa disposición á hora de expoñer o seu traballo, e sobre todo, o magnífico trato que recibiron as nosas profesoras e alumnos/as.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Entroido 2020: O Meco
Enviado por Olalla Aldazabal o Ven, 02/14/2020 - 11:21Atención, atención!
O Meco xa chegou ao noso centro, grazas ao alumnado de Comercio e a súa profesora Sonia Pérez. Ao longo da semana que vén dará unha serie de ordes. Pasádevos por conserxería para saber cales son. Para este luns 17 de febreiro o Meco di:
"A primeira orde é para o luns:
Levade unha camisa de cor azul."
Entroido 2020
Enviado por Olalla Aldazabal o Mér, 01/29/2020 - 13:43Xa se achega o Entroido!! Este ano celebrarase o 21 de febreiro, dende ás 12:25 ata as 14:00. Lembrade que de non haber suficiente participación haberá clases normais, polo que é moi importante apuntarse ás actividades e entregar a listaxe en vicedirección antes do 10 de febreiro.
E coidado co Meco... que xa está por aquí argaiando falcatruadas.
Sabores do mundo 2019
Enviado por Olalla Aldazabal o Mar, 01/14/2020 - 13:35Xa están na nosa páxina de Facebook as fotografías de Sabores do mundo de 2019. Noraboa aos gañadores!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
