Extraescolares e complementarias

APROVEITAMENTO DAS XORNADAS DE EMPRENDEMENTO

Alumnado de Ciclos, Comercio e Electricidade asistiron con aproveitamento ao curso formativo intensivo que Modesto Gómez, referente nacional como formador de cursos de marketing, habilidades socio - directivas, xestión de talento e desenvolvemento estratéxico, impartiu a pasada semana dentro das Xornadas de Emprendemento que se celebraron no IES Indalecio Pérez Tizón. Cun carácter eminentemente práctico o alumnado presentou as súas propostas e proxectos, que cos consellos e pulo do relator foron avanzando desde a idea orixinaria cara a fórmula de negocio. 

XORNADAS DE EMPRENDEMENTO NO IES

Os días 23 e 24 de novembro terán lugar no salón de actos as Xornadas de emprendemento. Prema na imaxe para ver o programa.

Picnic de Fernando Arrabal

O último día lectivo deste curso académico o alumnado do centro de 3º e 4º ESO animáronse a representar Picnic de Fernando Arrabal, unha obra do teatro do absurdo que, mediante diálogos e situacións aparentemente incoherentes, denúnciase o absurdo da guerra.

Aquí vos deixamos o vídeo da representación. Esperamos que os gustara:

 

Representación teatral: Picnic de Fernando Arrabal

Tuiteatro, compañía teatral do IES Indalecio Pérez Tizón formada este ano polo alumnado de 4º ESO B, quere lembrarnos a todos/as que as guerras son un sinsentido. Por iso invita ao alumnado da ESO á unha representación de Picnic de Fernando Arrabal que terá lugar o 22 de xuño de 2022 no ximnasio do centro. 

Cartel elaborado por Nines Velázquez, xefa do departamento de Educación Plástica e Audiovisual do IES Indalecio Pérez Tizón

Charla - coloquio co concello de Tui

Este luns, 20 de xuño de 2022, o concello de Tui impartirá unha charla ao alumnado de 4º ESO sobre a Axenda Urbana:

AXENDA URBANA DE TUI

Visita de Tino Baz

O pasado 18 de maio tivemos a sorte de contar de novo con Tino Baz, quen, para conmemorar as letras galegas, cantou e recitou a Rosalía de Castro. Velaquí tedes as imaxes do evento (lembrade pinchar a fotografía para ver o álbum de imaxes):

Saída o río Delque

O alumnado de 4º ESO de Bioloxía acudiu o pasado 12 de maio ao río Delque como actividade do Proxecto Ríos. Entre outras cousas, analizaron as súas augas e estudaron a súa botánica e zooloxía, como se ve nestas imaxes:

 

FOTOGRAFÍAS DA SAÍDA AO RÍO DELQUE

4º ESO. CURSO 21-22

Imaxes e audio do intercambio entre o Indalecio e Vila Real

Como xa sabedes, este ano o profesorado de portugués do Departamento de Lingua Galega e Literatura desenvolveu un intercambio entre o noso alumnado e o Colégio Camilo Castelo Branco de Vila Real. Premede na imaxe que vén a continuación para ver as imaxes do evento: 

FOTOGRAFÍAS DO INTERCAMBIO

 A través desta outra ligazón poderedes escoitar a explicación desta actividade na radio:

O INTERCAMBIO CON VILA REAL NA RADIO

 

Distribuir contido