Extraescolares e complementarias

Festexa o Entroido!!

O noso centro quere volver a festexar o Entroido co seu alumnado, pero para iso tedes que participar. Lede as bases do Entroido deste ano, e lembrade, se non hai unha participación mínima non podemos celebrar este evento tradicional. Así que, animádevos!!

Homenaxe aos mártires de Sobredo

Como se ven facendo tradicionalmente, agás o ano anterior polas circunstancias da pandemia, o noso alumnado de 4º ESO realizou a homenaxe aos mártires de Sobredo, que se organiza dende os departamentos de Lingua Galega e Literatura e Xeografía e Historia. Pinchade na ligazón para ver as imaxes e vídeos do evento:

HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE SOBREDO: FOTOGRAFÍAS E VÍDEOS

Fotos da conferencia "Bacterias comeplásticos"

Onte, 29 de novembro de 2021, a profesora da USC Sabela Balboa visitou o noso centro para impartir a conferencia "Bacterias comeplásticos". O noso alumnado de 1º Bacharelato A quedou encantado coa súa exposición, e todo o centro (particularmente o profesorado que integra os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía e Vicedirección) está moi agradecido á deputación de Pontevedra, á Real Academia Galega das Ciencias e, especialmente, á conferenciante, Sabela Balboa, quen desenvolveu unha charla sobre a contaminación plástica, as bacterias comeplásticos e sobre os estudos que están a levar a cabo ela máis o seu equipo de investigadores da USC, dun xeito ameno e interesante. Estaremos encantados/as de que repita a experiencia cando queira.

Velaquí vos deixamos as fotos da conferencia:

IMAXES CONFERENCIA DE SABELA BALBOA

RAGC: Conferencia de Sabela Balboa

O vindeiro luns 29 de novembro, o alumnado de 1º Bacharelato A recibirá unha conferencia, "Bacterias comeplásticos", grazas á iniciativa da Real Academia Galega das Ciencias e da profesora Sabela Balboa, que terá a deferencia de vir a o noso centro para impartila. 

 VIDEO DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Magosto 2021

Despois dun ano e medio sen poder realizar ningunha actividade no centro, este ano por fin puidemos festexar o magosto. As imaxes, ás que podedes acceder pinchando na ligazón que vén despois, ilustran non só o ben que o pasou o noso alumnado, senon tamén o traballo dos alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO picando as castañas. 

 

FOTOS DO MAGOSTO 2021

Saída aos muíños de Tripes: alumnado de 1º FP Básica

O pasado martes 16 de novembro o noso alumnado de 1º FP Básica realizou a ruta dos muíños do Tripes. Pinchade na seguinte ligazón para ver as espectaculares imaxes da contorna de Tui:

FOTOS MUÍÑOS DE TRIPES

 

 

Visita de Sonia Mirón

Un ano máis, a escritora Sonia Mirón visitou o noso centro para comentar o seu libro Un sol dentro de mí co alumnado de 3º PMAR. Como é habitual en Sonia Mirón, a charla foi moi entretida e o noso alumnado quedou encantado. Dende o IES Indalecio Pérez Tizón agradecemos moitísimo a súa visita e, coma sempre, convidamos a Sonia a voltar cando queira.

Distribuir contido