Criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+ da Xunta de Galicia
A continuación, detállanse os criterios de selección de alumnado para participar nunha mobilidade Erasmus+, dacordo coa convocatoria Proxectos de mobilidade para beneficiarios e persoal de ensinanzas de FP do programa Erasmus+ e os establecidos no Consorcio de Mobilidade que desenvolverá un proxecto KA102 con múltiples beneficiarios no proxecto 2019 - 1 - ESO1 - KA102-063732:
REQUISITOS
1.Poderá concorrer a esta convocatoria o alumnado que estea cursando ciclos formativos de grao medio e FP Básica durante o curso 2018-2019 / 2019-2020 / 2020-2021, ou ben que acadaran a súa tituladión nos mecionados cursos académicos, nos centros públicos que forman parte do Consorcio de mobilidades (vid. táboa art. 7.1), así como o persoal que imparta ditos ciclos, destinado nestes centros.
2. Non poderá ter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta resolución o alumnado e o persoal que incorra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.A persoa solicitante debe cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiario/a de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma segundo indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
CRITERIOS DE SELECCIÓN
A selección do alumnado para participar nunha mobilidade obederá a estes criterios:
1. Expediente académico (máximo 4 puntos). Terase en conta a nota media obtida polo/a estudante no primeiro curso do ciclo formativo.
- Se a nota media é de 6 ou menos: 2 puntos.
- Se a nota media é de máis de 6 e menos de 8: 3 puntos.
- Se a nota media é de 8 ou máis: 4 puntos.
2. Competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo, no caso de que sexa diferente a do país de acollida (máximo 4 puntos).
A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:
a) Nota media do/a alumno/a no primeiro curso, no caso de que o idioma de traballo estea incluído no currículo do ciclo.
b) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.
c) Probas realizadas no propio centro, no caso de que non teña certificación de competencias lingüísticas.
d) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido polo comité de selección.
-
3. Competencias persoais e actitudes (máximo 4 puntos).
O comité de selección considerará para este criterio a valoración das actitudes e comportamento do alumnado, tendo en conta as opinións e a información dada por aqueles que ensinen ao estudante en particular, dando máis puntos a aqueles alumnos/as considerados/as baixo este criterio máis adecuados para formar parte destas mobilidades.
-
4. Outros.
No caso de empate nos méritos darase prioridade, pola seguinte orde:
4.1 Aos estudantes de contornas socioeconómicas menos favorecidas.
4.2 Aos estudantes que nunca participaran nas mobilidades do Programa Erasmus+.