Novas

Homenaxe ás vítimas da COVID

O venres 12 de marzo o alumnado e profesorado do noso centro participará nunha homenaxe a todas as vítimas da COVID, o virus que hai agora un ano cambiou radicalmente as nosas vidas. Vestidos de negro ou verde (reflectindo o luto e a esperanza) gardarán no patio do instituto un minuto de silencio por todos aqueles que perderon familia, que perderon a vida, que padeceron a enfermidade, e por todos aqueles que loitan contra esta pandemia para devolvernos a esperanza.

Concurso de contos da Vila de Pontedeume

Avísase ao alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de que o concello de Pontedeume convocou o XXXI Concurso de Contos Vila de Pontedeume. O primeiro premio en caso de que haxa gañador é de 600 euros. A imaxe que figura a continuación levaravos ás bases desta certame.

Cancións pola igualdade

Cancións contra a violencia de xénero

Deixámosvos nesta entrada unha ligazón que leva a unha lista de cancións feita dende o concello de Valencia, de diferentes xéneros musicais (pop, rock...), contra a violencia de xénero. Neste documento non só poderedes ler as letras, senon tamén escoitar os temas:

CANCIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

8 de marzo: Educando en igualdade

O equipo de biblioteca elaborou estes estupendos cuadernos de actividades para conmemorar o 8 de marzo. Animádevos a facelos e loitemos por un mundo onde haxa tolerancia, respecto e igualdade para todos e todas:

Moitísimas grazas a Sonia e Miriam polo seu esforzo e traballo.

xxv Certame de poesía Francisco Añón

Infórmase ao alumnado que xa están publicadas as bases do XXV Certame de Poesía Francisco Añón que organiza o concello de Outes. Este concurso ofrece tres categorías nas que podedes participar:

- Categoría D (12-14 anos): o primeiro clasificado recibirá un vale de 240 euros e verá publicada a súa obra.

- Categoría E (15 - 17 anos): o primeiro clasificado obterá unha transferencia bancaria por valor de 480 euros e verá publicada a súa obra.

- Categoría F (maiores de 18 anos): o primeiro premio consiste nunha transferencia bancaria por valor de 1500 euros e publicación da obra.

A continuación, deixámosvos as bases deste certame, tanto na web coma no taboleiro de anuncios do centro, e animámosvos a participar.

 

Resultado de Tui Book Dates

Tras unha exhaustiva análise e investigación, o equipo de Biblioteca foi quen de atopar compatibilidades lectoras entre a maioría do noso alumnado. Asimesmo, o equipo de Biblioteca quere animar a aquelas almas solitarias que quedaron sen parella: tedes que lembrar que ao mellor a vosa media laranxa lectora non estuda neste centro e que ademais hai moita timidez e introspección entre o alumnado deste instituto. 

Se queredes coñecer o froito desta investigación e saber con quen sodes ou non compatibles, non vos perdades a seguinte presentación:

 

Concurso de Caricaturas 2021

Na seguinte presentación tedes algúns dos traballos presentados a concurso este ano e veredes os gañadores de cada modalidade de participación:

 

Día Internacional da muller na ciencia: pequena homenaxe a Hedy Lamarr

Velaquí unha pequena homenaxe a unha actriz de Hollywood dos anos 40 case olvidada: Hedy Lamarr. Neste día coma o de hoxe, o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, non merece menos que lembrala, recoñecéndolle e agradecéndolle o esforzo das súas investigacións, o que non se fixo na súa época.

Rebrote de Crepusculose

O punto de información sobre a extraña enfermidade denominada Crepusculose xa está rematado. Achegádevos a el para coñecer todo sobre a última cepa (Sol de medianoche) e tomade moitas precaucións para non contaxiarvos con esta plaga.

Distribuir contido