Novas

Novo contido na páxina web: "Saúde Xove"

Infórmase a toda a comunidade escolar de que se habilitou nesta web unha ligazón nova, Saúde Xove, no sector destinado a orientación. Este link conduce a unha páxina creada pola Asociación de Pediatría que contén diversas informacións que atinxen á saúde de adolescentes (sexualidade, alimentación, exercicio, ocio e tempo libre...), todos eles contidos moi interesantes e veraces que poden ser consultados de forma libre e gratuita. Esperamos que sexa de utilidade para toda a comunidade educativa.

Saída cultural por Tui

AVISO: Esta actividade debe adiarse ao luns 3 de maio, e desenvolverase na mesma franxa horaria (de 16:30 a 18:10).

Entrega de premios do concurso fotográfico "Pegadas do mar e da terra"

O sábado 17 de abril o director do Museo de Pontevedra entregou os premios do concurso fotográfico Pegadas do mar e da terra, organizado por esta institución en homenaxe ao fotógrafo José Sueiro. Reiteramos a nosa noraboa aos participantes, en especial a Aroa, e ao propio museo pola iniciativa.

Alumna gañadora do concurso fotográfico "Pegadas do mar e da terra"

A nosa alumna Aroa de 1º Bacharelato acaba de recibir a noticia de ser unha das gañadoras do concurso "Pegadas do mar e da terra" organizado polo museo de Pontevedra.

A nosa noraboa e as máis sinceiras felicitacións!!!

 

 

Este é o traballo da nosa alumna, polo que foi merecedora do galardón do concurso:

Taller da Cruz Vermella: Adicións "con e sen substancias"

 

De xeito voluntario, podedes cubrir a seguinte enquisa: https://bit.ly/323Nxlv

Primavera videoliteraria do Val Miñor

Prestade atención á convocatoria da Primavera Videoliteraria e animádevos a partipar:

Bases do concurso de novela curta Manuel Lueiro Rey

O concello do Grove acaba de publicar as bases do XXVIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. A imaxe que figura a continuación conduce ás bases desta certame literaria:

Concurso de deseño

Consultade as bases da convocatoria deste concurso no blog de igualdade ao que podedes acceder dende esta páxina (apartado igualdade).

Búsqueda de voluntarios para formar parte da Patrulla I

Búscase a alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos que estea interesado en formar parte da Patrulla que queira emprender, organizar ou elaborar actividades a prol da igualdade no Indalecio, ou sexa, a Patrulla I. 

Os interesados/as debédevos anotar en vicedirección antes do venres 23 de abril. 

Distribuir contido