Novas

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE A AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO PARA 2º ESO. 10 E 11 ABRIL 2024

Os días 10 e 11 de abril desenvolveranse no centro as probas da avaliación de diagnóstico que no ensino secundario aplicaranse a 2º ESO. Para máis información premede na seguinte LIGAZÓN.

RENOVACIÓN DA ANPA CONCORDIA

Prezadas familias

A nova directiva da ANPA Concordia quere saudarvos e poñerse á vosa disposición, para o que precisedes! Gustaríanos que nos achegárades as vosas propostas ou necesidades a través do noso correo electrónico anpaconcordia@gmail.com, do noso Instagram (anpaconcordia) ou a través do buzón da ANPA situado á entrada do instituto. 

 

REUNIÓNS DOS TITORES COAS FAMILIAS

O profesorado titor realizará unha reunión informativa e de acollida para as nais/pais ou os representantes legais dos seus titorandos/as. Esta reunión celebrarase na aula de referencia dos distintos grupos (podedes consultar a aula e o nome do titor/a AQUÍ) nas datas e no horario indicado para as distintas ensinanzas do centro na seguinte táboa:

 

ENSINANZA DATA HORA

ESO e

FP BÁSICA

Luns 18/09/2023 18:30

BACHARELATO e

CICLOS DE ACTIVIDADES COMERCIAIS

Luns 25/09/2023 18:30

CICLO MEDIO DE ELECTRICIDADE E

ELECTRÓNICA

Luns 25/09/2023 19:00

Novo prazo de solicitude de becas

O novo prazo da convocatoria de bolsas de estudos para niveis postobrigatorios abriu hoxe 30/03/2022 e estará aberto ata o 12/05/2022.

É importante que os alumnos pidan a bolsa neste prazo aínda que non saiban o que van estudar nin onde nin si van seguir estudando xa que, doutro xeito, non a poderán pedir para o curso 22/23 (os datos académicos son provisionais e en setembro, previsiblemente, poderán acceder de novo á solicitude para modificalos).

Os alumnos/as de ESO que teñan intención ou sexan candidatos/as a cursar FP Básica no curso 22/23 tamén deben solicitar a bolsa dentro deste prazo se queren optar a ela.

Programa Primavera Xove

Dende Xefatura Territorial estase a informar sobre o programa Primavera Xove 2022 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

 

O Programa Primavera Xove inclúe estancias de Semana Santa e fins de semana en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. Consulten a información na seguinte ligazón:

PRIMAVERA XOVE 2022

 

 

Entrevista a unha antiga alumna do IES Indalecio Pérez Tizón en Radio Tui

Unha das nosas antigas alumnas, Celina Mauricio, resultou gañadora do certame de danza Xuventude Crea 2021. A nosa máis sinceira noraboa!!:

Anuncio: próxima apertura de prazo para solicitar becas. Curso 22-23

Comunícase que o 30 de marzo ábrese o prazo para solicitar becas MECD para estudantes para o curso 22-23. Consulten a información na seguinte ligazón:

SOLICITUDE BECAS MECD

Presentación sobre diversidade

A nosa alumna Aroa Pérez Cabaleiro elaborou esta esclarecedora e fantástica presentación sobre a diversidade afectivo-sexual como parte do seu traballo da materia de Comentario de texto de 2º Bacharelato.  Nesta presentación aclara moitos termos que a miudo son confundidos ou descoñecidos pola maioría de nós, e, como se trata dun traballo tan interesante, propoñémovos a todos/as que lle botedes un ollo e que o empreguedes como parte de material didáctico para titorías:

 

Convocatoria dos premios para ESO ao esforzo e á superación persoal

A Consellería de Educación convocou o pasado 1 de xullo a convocatoria de premios polo esforzo e superación persoal para o alumnado de ESO. Prema no seguinte enlace se desexa máis información:

CONVOCATORIA DE PREMIOS AO ESFORZO E SUPERACIÓN PERSOAL PARA ALUMNADO DE ESO.

CURSO 20-21

Distribuir contido