Entrega de premios do concurso fotográfico "Pegadas do mar e da terra"

O sábado 17 de abril o director do Museo de Pontevedra entregou os premios do concurso fotográfico Pegadas do mar e da terra, organizado por esta institución en homenaxe ao fotógrafo José Sueiro. Reiteramos a nosa noraboa aos participantes, en especial a Aroa, e ao propio museo pola iniciativa.