Homenaxe ás vítimas da COVID

O venres 12 de marzo o alumnado e profesorado do noso centro participará nunha homenaxe a todas as vítimas da COVID, o virus que hai agora un ano cambiou radicalmente as nosas vidas. Vestidos de negro ou verde (reflectindo o luto e a esperanza) gardarán no patio do instituto un minuto de silencio por todos aqueles que perderon familia, que perderon a vida, que padeceron a enfermidade, e por todos aqueles que loitan contra esta pandemia para devolvernos a esperanza.